Sabean todos quantos esta carta vyren et conosçuda cousa sega como nos, Ge de Gol, fillio de terras entre Souto co Ceo et o lugar de Valdodemo a esto que dito he presente foy et esta carta escribeu et aquy meu nome et meu sinal fiz et miña razon din
viernes, 23 de marzo de 2012
viernes, 16 de marzo de 2012
Lois XIII
Cando se tivo posto de pe, Herminio decatuose do que tivera acontecido e, lonxe de terse por culpable da situación de inmensa dor que padecía eu, arremeteu contra min sinalandome co dedo acusador mentres berraba ca forza que lle asistían os últimos alentos alcohólicos, sen deixar de tentar busca-la posición axeitada dos seus pes pra non bate-lo seu corpo ó chan doutra volta.
- Eso pasache por andares enriba de min todo o puto día. –dicía “bailando” sobre un metro cadrado de cespede- Xa me chegou con aturarte onte e agora ves canda min sabedios que carallo buscando. ¿Non tes unha casiña onde senta-lo cu dunha puta vez? Semella que estas namorado de min. ¡Vai buscar unha moza por ahí e esquecete de este home, cona!.
- O alhohol faiche esquecer, ¿eh?. ¿Non te lembras de min? –zampeille ós oidos mentras non deixaba de baterse a testazos ca lei da gravidade que estabase a mofar del. Se cadra foi por mor de tal estado que aquelas preguntas que lle facía (e que caían en saco furado) foran as que fixeran caer definitivamente a Herminio coma se de un porco morto se tratase sobre o chan.
O certo é que petou bastante pesado no chan, o que me fixo sospeitar que o home tería caido xa inconsciente ó chan. Remataran xa trinta segundos chamandoo polo nome cando fun cara él. Achegueime ata onde quedaba o seu corpo ainda co cheiro a oxtia que levaba no nariz da zoupada que ambo-los duos tiveramos facía segundos e decateime de que o seu estado era crítico. Botaba sangue pola boca que lle percorría o pescozo coma unha serpe vermella, a sua cor comenzabase a por rubia. Zarandeeino ben pra que acordara, chamaba por él cada vez dun xeito máis desesperanzador. O medo asedioume a cada segundo que pasaba e non obtiña resposta conscente de Herminio e cada intento de comunicarme con el petabame no corazón facendo cosegas no peito.
Decidin buscar axuda e botei a correr cara a xente que se atopaba no outro lado do parque e roguei auxilio a alguns paisanos que tomaban o sol por alí. Supliquei socorro a cada un deles, pero ningun era quen de tensa-la columna vertebral e votar a andar cara o Herminio, pois a sua meirande eran anciáns (¿que outras persoas ía haber un domingo pola maña en pleno vrao nesta cidade que padece de trinta e dous grados de febre xa ás once horas?), impedidos os pobres pola reuma que provoca o facer favores a tanto patrón durante case toda unha ducia de lustros. Berrei ben forte polos arredores do parque pero ninguen acudía á chamada que ven do inferno, movín os ollos coma se nunca vira buscando algunha persoa que votase a correr cara min pero ninguen me facía caso, sobre todo cando descubrían quen necesitaba de axuda. “Ah, es por aquel mendigo que se encuentra allí...” decía algún en tón despectivo e indiferente que ía acompañado pola muller. “Mira mama, es por aquel señor que esta allí”, decía un neno.
Votei a correr xunto o home pra ver como se atopaba. E mentras corría coma un demo vin que tamen aceleraba o paso en sentido contrario ó meu. Chegou ata o Herminio e axeonllouse xunto o inconsciente. “Gracias”, dixen.
- Verte sangue pola boca. –dixo o home tan pronto viu a hemorraxia.
Ergueuse, meteu as maus nos petos e sacou un telefono movil ca disposición de socilita-la axuda que tanto me costara conseguir. O home tiña por riba dos trinta anos e estaba acompañado pola que semellaba se-la sua moza e que agardaba un pouco máis lonxe o desenrrolo dos acontecementos. Ata elá marchou unha vez feita a chamada. Falaron entre eles case un minuto, e ambo-los dous decidiron agardar a ambulancia vixiando de cerca o Herminio.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
