lunes, 30 de mayo de 2011

Le recomiendo el Islam. Son gente con alto potencial, sus recursos humanos, exclusiva y auténticamente humanos, son menos limitados que los nuestros. Le recomiendo el Islam, porque allí casi todo el mundo se ha quedado pobre de tanto que al pobre ha dado. Le recomiendo el Islam, su credo no es código como el cristiano, sino que se dedican a loar a una gesta heróica, y a ello dedican cinco veces al día. Le recomiendo el Islam, porque jamás se le concedió el Nobel, y porque mientras el nuestro puso la otra mejilla el de ellos se lanzó contra quién lo quiso someter. Le recomiendo el Islam porque si quietos hace mil años quedaron es porque la fuerza hipócrita de una casta sacerdotal nunca la han tenido, y el que dirige la loa es un primus inter pares, y la ley se va haciendo según el supuesto se va presentando. Le recomiendo el Corán, así como la Biblia, El Capital, o Guerra y Paz. Ahora bien, soy poco recomendable, quizás yo y todo lo que diga yo.

Menudo ollo o de Ith!!!

Disque Ith, fillo de Breogán, atisbou terras irlandesas dende o cumio da Torre de Hércules da antiga Brigantium (hoxe identificada por moitos como a antiga Coruña) no golfo ártabro, e arengou ós seus pra conquistar aquelas lonxanas terras. E alá foron!. 
A pesar do fermoso da lenda, nin Breogán consta que existise, nin tampouco é factible que nos tempos que corrían estivese erguido xa o que hoxe é considerado o faro en activo máis antigo do planeta (foi mandado construir en tempos de Traxano –o primeiro emperador romano de orixe hispana-, alá polo século I d. C., polo que é moito máis posterior ós tempos da Galizia propiamente celta). Pero, é plausible a posibilidade de que as Bretañas fosen ocupadas por invasores continentais, máis concretamente galegos?
Fai pouco lín nun xornal de tirada “nacional” (outubro 2008) que un investigador da Universidade de Oxford fixo pública dita posibilidade a partires das evaluacións e estudos xenéticos realizados e postos en comparación entre os ingleses de hoxe (entendanme, “británicos” en xeral) e os actuais habitantes da fachada atlántica continental (bretons na Francia, e galaicos e norteños peninsulares). Os resultados, segun o devandito estudioso, veñen a pór en relevancia a enorme similitude hereditaria entre os actuais poboadores insulares e continentais, a sorprendente coincidencia entre os rasgos xenéticos dos ingleses (ós que se cría por saxóns –pobo de orixe centroeuropea-, e que agora semellan ter moito máis de celtas do que parecía) e os bretóns, astures, galegos… Ditas coincidencias faríanse constar na propia fisionomía dos pobos en comparación: peles brancas, mesmo pálidas, ollos de cores claras, cabelos loiros, petirroxos, ou aclareados, complexións magras, carácteres, tradicións, e culturas similares… O mesmo profesor encargouse de viaxar ó longo dos lugares en analise e él mesmo abraiouse da clara e indiscutible posición de igualdade entre os galegos, por exemplo, e os británicos.
Pero, de que sorprendernos? Xa fai tempo o noso paisano Vicente Risco o advertía: “é  un feito que non se pode discutir seriamente, que no pobo galego hai un predominio marcado do elemento loiro centroeuropeo, como non sucede en ningún outro pobo da Península. Na poboación rural, nótase que todol-os rapaciños son brancos com´a neve co cabelo loiro, cuasequ´albino. Logo, o sol, o aire, no traballo constante da terra vólvelles o coiro tostado y-o cabelo escuro. (...) O elemento loiro centroeuropeo, ten entre nos duas orixes: os celtas e máis os xermanos”. (vexase “A xente galega”, dentro de “Teoría do nacionalismo galego”, de V. Risco). Efectivamente, no galego converxen duas razas puramente continentais: a celta, pobo ó que se ten por netamente europeo, e a xermana, ésta última aportada perante as invasións bárbaras dos séculos IV-V d. C., é dicir, os suevos. Ambalasduas solaparonse no tempo, unha riba d´outra, a sueva sobre a celta, e mantiveron incorruptible –e digo ben: incorruptible- unha esencia galaica limpa e perfectamente identitaria. “A raza galega sigue sendo a vella raza céltica, mesturada con íberos, romanos e xermánicos, mais impoñendos´os carauteres dos celtas por riba de todol-os demais. É pol-o tanto a menos ibérica da penínsua, e con estretos parentescos étnicos fora da España”.
Compre pois facer distinción entre nós, galaicos, e os “demáis”, aqueles que o propio Risco inclue dentro da raza “euroafricana” e que eu ousaría a enmarcar na metade meridional da península ibérica. Asumamo-la forma que temos de entende-la nosa propia historia e intrahistoria; o xeito que lle damos á fe, unha fe alonxada de triunfalismos, ideas, idolatrías, fanatismos, e necias parafernalias, e que ata nós se achega nas fontes, montes e penas como máxica, maxistral, tebrosa, artúrica, e digna de respeto; asumamo-la nosa propia idiosincrasia, a nosa propia etnicidade, cultura, e fala. Falemos pois de determinismo xeográfico (aquel que di que o home é consecuencia do medio que habita), falemos de raza, recuperemo-la raza.
Máis falar é pouco senon somos quen logo de decir moito con actitudes consecuentes. Ese é un dos principais defectos do galego: nunca foi consecuente, nin cos demáis, nin consigo mesmo.

sábado, 21 de mayo de 2011

Seica espabilástedes, carallo


         
Por fín. Mais non é a democracia a que compre revisar.
Na España, á actual situación de emerxencia económico-social chegouse por razóns domésticas en particular, precipitadas por razóns esoxenas a niveis internacionais.
O Estado medrou nos últimos anos a partires dunhas bases de crecemento impulsadas non esclusivamente dende as etapas democráticas, senon que xa dende anos atrás (aperturismo económico franquista) sentáronse as bases do actualmente decadente modelo de medranza español. Éste, apoiouse nuns cánones que fundamentalmente é preciso definires como tardíos pra cada unha das suas etapas. Así, perante as derradeiras décadas da ditadura: 1. Fundación dun sistema de produción enerxética que xa daquelas resultaba obsoleto (xeración de enerxías, por exemplo, a partires da construcción de numerosos saltos hidráulicos ó longo da xeografía peninsular e fundación e promoción de industrias pesadas pra o surtimento do consumo industrial estatal), 2. Aproveitamento das fontes de enerxías e dos grandes centros industriais (Cataluña, Vascongadas…) pra a edificación, vertebración e consolidación de centros en exceso concentrados de feble texido industrial (adicados fundamentalmente á intentos non moi atinados de pechar ciclos de producción de produtos derivados dos escedentes acadados do sector primario), 3. Énfasis desbordante na  promoción da industría do turismo (unha fonte de ingresos segura, pero só durante 4-5 meses ó ano) que á sua vez canalizou todolos esforzos da actividade constructora desbordante (sur peninsular e Levante, fundamentalmente). A fin da ditadura non supuso a liquidación do modelo de crecemento, máis ben ó contrario.
Con todo, ca chegada da democracia, España atopabase hipotecada ó confiare o éxito da sua economía na medranza progresiva dos sectores primarios e terciarios. Os éxitos industriais ficaban pois á deriva, e con eles o futuro económico do Estado e, a sua vez, a capacidade da España como fonte de I+D+i, fundamentais pra afrontar con folganza os retos da nova economía do s. XXI.
O verdadeiro talón de Aquiles da nosa puxanza económica estriba pois na escasa importancia que perante a última metade do s. XX os sucesivos sistemas de goberno estatais lle outorgaron o sector secundario. A principal razón é que os rendementos dos capitais investidos neste sector son sempre a longo prazo; mais os erros non foron exclusivos da clase gobernate, pois o españolito de a pé (o Sr Botín e semellantes tamén andan cos pés) preferiu meter os aforros nunha segunda vivenda –total, no banco non dan nada polos cartos!, e un piso daquelas valía un millón máis ó ano seguinte de mercalo (diñeiro facil e rapido)- que adicar os activos a investir en tecnoloxía e avances, laboratorios, emprendedores con ideas brillantes, ou mesmo nunhas ducias de bó viño en calquera bodega rioxana. Craso erro, meus.
Unha das consecuencias directas da feble importancia que ó sector industrial se lle regalou durante anos é a do enorme número de mozos e mozas sobradamente preparados que hoxendía non atopan onde adicar as suas aptitudes acadadas durante anos e esforzos académicos. Centos de milleiros de licenciados, enxeñeiros, e doutores que hoxendía resultan unha masa endémica de desocupados, desencantados e indinados que non atopan resoltos os seus anseios porque ó longo dos últimos anos os seus pais (empurrados por unhas costumes e ideias de progreso trabucadas) decidiron que era millor ter unha carreira que unha FP, ou invertir nun carnet de socio dun clube de futbol, nun BMW mellor que o do veciño, ou nun apartamento en Torrevieja que na pequena empresa de innovación que daquelas semellaba unha aposta dun feixe de utópicos pringadillos e que hoxe, se cadra, poidera ser o lugar de traballo do seu fillo desempregado.