domingo, 21 de noviembre de 2010

Y que más tiene Señor de los imposibles, lazarillo de los ciegos!
Que de importarme ha ya ser de tu confianza, participar de tu sabiduría,
si por allende los océanos empapas mi carne con el sudor de los pacientes,
si por la espinosa cadena de montañas que tu mundo posee
me paseas, golpeas, y desgarras el vientre.
Tu que tanto te jactas, y te diviertes, y te convences en los pronósticos
Tú. Tú, en tu unicidad. Tu te recreas. Nosotros padecemos. Agnósticos.

viernes, 19 de noviembre de 2010

Novembro

Estivemos en casa.
Falamos do Barça, de que como lle ía á miña antiga empresa, pois fomos compañeiros de traballo, de rapazas, do seu recen e deseado carnet de conducir (estivo máis de tres anos conducindo sen él), de… O caso é que me contou unha… Resulta que Suso, como así se chama o rapaz, subiu cos seus colegas ó monte. Puseronse de copas ata as cellas, e xa cara a mañanciña marcharon pra casa no seu coche.
Debía ter sido un fin de semana onde algun barrio de por eiquí andaba en festas porque nin o mesmo Suso soubo de onde carallo sacara o Iván un medio cuarto de barreno, un destes petardos de toda a vida, sabes?, aqueles que tiñan unha mecha negra coma a cinza, que viñan envoltos nun paquete de papel estraza enrugado nos extremos que mesmo facía do petardo un caramelo, que eran quen de reventar unha sinal de Vado Permanente ou erguer un terror de carallo ó estouralos dentro dunha papeleira; aqueles que valían cinco duros nos meus tempos de fedello… bueno, meus tempos… e os de moitos dos da miña quinta, que había algún que xa ía pra terrorista daquelas cando o pasaba de medo meténdolle os petardos na boca ós sapos -Fumas?-… Ostias, mira que facía tempo que os deixara de ver (ós petardos, eh, non ós sapos con medio corpo en carne viva e o medio traseiro inda con vida tentando fuxir). Porque claro, habíaos dos de a duro, moito máis pequerrechos, engarzados tamén nun cilindro de papel acartonado con esterlinas brancas sobre fondos de diversas cores, de mecha rápida e treboada feble, pois nin as moscas se espantaban cando estouraban; estaban os foguetes, onde a pólvora ubicabase nunha pequena cápsula plástica aberta por un dos extremos que obrigaba ó petardo sair disparado pola forza de reacción e combustión (lémbrome de cando lle entrara un deses á nai do Sebas pola fiestra do balcón… se chega a prender nas sábanas, mi ma!); estaban os danzaríns, que daban voltas no chan espallando de estreliñas o adoquin; habíaos que tiñas que batelos contra o solo pra que estoupasen…
Pois seica inda andan por aí, inda os venden. Os medio cuarto de barreno, manda carallo!.
Resulta que a falta de soño, xunto con outro tipo de usos e costumes coxunturais á postinxesta de licores, resultou en dar nunha esgallante idea do Iván cando, marchando pra casa no coche do Suso, quiso botar o medio cuarto de barreno pola fiestra en marcha. Iván ía na parte de atrás, prendeu a mecha (lembro que era das máis lentiñas), e  so despois o pitillo que levaba na boca facía dous minutos agardando que alguén dos que o acompañaban llo encendese. O infortunio entrou en connivencia cos males do alcól cando Iván quiso saca-lo cigarro xa encendido da boca e éste quedouselle anclado nun xirón da pel dun beizo por mor do tempo que alí estivera, arrincandoo e levandoo consego ca tremenda dor que unha ferida dese calibre pode causar. O cigarro non somentes levou consego parte da vida bucal de Iván, senon que lle caeu tamén pola camisa abaixo e logo á alfombrilla do coche -Que no panda el cúnico, que no panda el cúnico!!!-. Naqueles arriscados segundos o cerebro de Iván decretou o estado de excepción e pronto procurou o cigarro antes de que prenderá nalgures. E todo isto con medio cuarto de barreno prendido noutra man. Cando se quiso dar conta de que a mecha ía rematando e a apertura da fiestra do coche non era a suficiente optou polo máis seguro: desfacerse dél, onde fose.
Según as fontes, un tremendisimo estrondo inundou o  interior do automóvil. Durante uns catro-cinco segundos, o veículo exerceu de caixa de resonancia (a única fiestra que debía estar aberta non o estaba dabondo…), e os seus catro ocupantes non foron quen de escoitar nada, nin de falar entre sí, por moito que gritasen e tentasen a berros sin són averiguar que carallo pasara. Durante esos segundos posteriores á deflagración un silencio anguriante vaciou de realidade o interior do coche. Os tímpanos dos rapazes viñan de sufrir unha leve lesión.
Tres días despois do acontecido, e so ún dende que Suso despertara a choupa de cuarenta e tres con piña e algunha que outra copa de licor café (aivos xente que necesita máis dun día pra se recuperar dunha esmorga), os catro colegas volveronse a reunir pra lembrar feitos e entuertos da noite pasada. E, coma non, o do petardo dentro do coche fora memorable.
Pero memorable debeu ser a borracheira que Suso collera porque queimou dez axiomas tentando lembrar a explosión que facía dous día acontecera no interior do seu Fiat Stilo bermellón e que mantivera unha onda expansiva dentro do turismo perante case cinco segundos inutilizando a capacidade de reacción e algunhas das funcións vitais de todolos que alí estaban. Non se acordaba daquelo!! Medio Cuarto de barreno, meu!!! Menudo pedal que debía levar!!!!!!!!
Esto só pasa nun magosto.

lunes, 15 de noviembre de 2010

Deixar facer??? e unha merda...

A faciana que amosa o sistema capitalista actual nestes días non é máis que o resultado dunha ecuación onde as incognitas anos fai que foron despexadas, de onde X = mofa, e Y = merda, “si solo si” a hipocresía é asumida como o mal menor, e sempre tendendo ésta cara o + infinito.
Dende Adam Smith ata Marx, pasando por Keynes, o modo de producción capitalista acomodouse ó longo dos últimos tres centos anos nas patrias occidentais ó berro afónico do “laisser faire, laisser passer” (“deixar facer, deixar pasar”) de F. Quesnay, que tan forte sonou nas academias económicas de Harvard, Oxford, etc, berces dos autenticos gurús das profecias neoliberais e librecambistas e que, co paso dos anos, dos ciclos e fluctuacions, das especulacións e cinismos varios, destaparonse coma ineptos cerebros adicados unicamente a elaborar teorías categóricas –inda que febles, moi febles- que somentes podían coller nas mentes insulsas das élites vagas de sociedades nihilistas e mancas de valores como a que hoxe o lector e máis eu ocupamos, a occidental.
Dende entón, as nacións do mundo rico acolleronse ás leis do libre mercado crendo con total garantía que era o modo de producción capitalista o que máis axeitadamente se amoldaba ó progreso da humanidade enteira; e posto que tras unha lei sempre hai un xuiz que xoga a ser implacable, os EEUU de America e o seu sistema económico erguéronse como o templo sacro da vileza mundial ó arrogarse o rol de vixiante magnifico do cumplimento xeral das normas e mandados do capitalismo (actualmente neoliberalismo), e dende as suas Audiencias (FMI, Banco Mundial, Reserva Federal, etc) acometían contra todo aquel que, querendo formar parte do privilexiado grupo da G (G8, G14… G de gilipollas…), non cumplia cas normas básicas de toda economía capitalista: 1.a propia inercia da balanza oferta-demanda autorregula os altibaixos e ciclos económicos e, 2. a non intervención do Estado. Todo aquel que cumpra está do meu lado; quen non, é un porco comunista inimigo.
E como o ser humán é único tropezando na mesma pedra, logo das experiencias especuladoras do 1929, sustos carbúricos dos 70, altibaixos dos ciclos e cíclopes de Wall Street e da City, chegan as “subprime” a confirmar que a demanda sempre pode ser tan pantasmal como a oferta, que a especulación non pasa de ser unha caracteristica máis do sistema (que xa de por si adoece de sistematismos), e os irmans Lehman -ou Lehman Brothers- marchan pra casa cunha liquidación duns 5000 millons de… (euros?, dolares?, e que máis ten?) cada un, e… aquí non pasa nada!!, porque “papa Estado” e os seus instrumentos veñen detrás recollendo a desfeita provocada e pasanse polo forro, nun exercicio de hipocresía vaticana que non ten comparación, as normas que eles mesmos tratan de lles impór a quen quisexe formar parte da G dos gilipollas.
E os probes ilusos membros e membretes de tan ilustre clube de golf, é dicir, os paises capitalistas occidentais -ós que, repito, pertencemos o lector e máis eu-, xogan cas cartas sen trucar, sen posibilidade alguna de que os seus governos poidan intervir nas suas propias economías pra evitar devacles por medo a ser espulsados da “pandi” e deixar de ostentar a G de gi-li-po-llas, e tragan cas trampas iankis, e arresfrianse cando no NASDAQ o termometro baixa un grao, e fanlle a pelota ó FMI… Ai, mi madriña, de canto nos houberamos librado en España se os governos de turno botaran man no seu día da escalada especulativa á que chegou o sector da construcción! Pero eso é un tema que merece un aula aparte.
De “Teoría do Nacionalismo Galego” de V. Risco:

“É un feito que non se pode discutir seriamente, que no pobo galego hai un predominio marcado do elemento loiro centro europeo, como non sucede en ningún outro pobo da Península. Na poboación rural, nótase que todol-os rapaciños son brancos com´a neve co cabelo loiro, cuasequ´albino. Logo, o sol, o aire, no traballo constante da terra vólvelles o coiro tostado y-o cabelo escuro. (...) O elemnto loiro centroeuropeo, ten entre nos duas orixes: os celtas e máis os xermanos”. Apartado “A xente galega”. Pag. 19

“A raza galega sigue sendo a vella raza céltica, mesturada con íberos, romanos e xermánicos, mais impoñendos´os carauteres dos celtas por riba de todol-os demais. É pol-o tanto a menos ibérica da penínsua, e con estretos parentescos étnicos fora da España”. Apartado “A xente galega”. Pag. 19.

“A nosa coleutividá natural é a parroquia, núcleo pequeño, sempre de menos de oitocentos vecinos. A Eirexa en galicia non creou a parroquia, non fixo senon darlle nome: eran os pequenos clans dos nosos abós. O Estado español, en troques, descoñeceuna e creou o municipio, trasplante do réxime das vilas que se non acomoda de ningún xeito á nosa vida rural. Por eso, a adeministración municipal é tan ruin.” Apartado “A sociedade galega”. Pag. 21.

“Cun sinxelo istinto democrático, o galego tend´a facelo todo en pequeño: coidado do gando, industrias caseiras e ruraes, etc”. Apartado “A sociedade galega”. Pag. 21.

“As deferencias de fortuna, antre nós nunca puderon ser tan grandes coma n-outras terras; eiquí, o que ten 30.000 pesos, xa lle chaman rico. Ademáis, s´houbo e hai ainda soparación de crases, nunca houbo eiquí antr´elas a distancia qu´habia e hai n-outros países”. Apartado “A sociedade galega”. Pag. 21.

“S´o noso parentesco étnico é prencipalmente c´os pobos británicos, a civilización galega cand´a houbo –dende Xelmirez ós Reises Católicos- foi unha civilización francesa. (...)  Temos dos britanos, o humorismo; temos dos franceses, o senso críteco; temos noso, o lirismo y-a saudade. Tres calidades que carauterizan á y-alma romántica. Falo do verdadeiro romantismo, de xeito alemán, de xeito británico; non da esaltación pasional que na España se chamou romantismo. O uneco romántico verdadeiro qu´houbo na España foi un galego, foi Nicomedes Pastor Díaz”. Apartado “A mentalidade galega”. Pag. 22.

domingo, 14 de noviembre de 2010

MACONDO dice:
Es decir
has probado a entrar en una capilla y aprovechar su ambiente de paz?
Echar a Dios de la iglesia y consagrarla a uno mismo
Utopia dice:
   Eso sería apostasía ..
MACONDO dice:
es acaso mejor la hipocresía?
Utopía dice:
Eres un profanador
MACONDO dice:
pero no un violador
Utopía dice:
   ………………………… XP

viernes, 12 de noviembre de 2010

POR TI NO ESTOY PREOCUPADO SI NO SOBREOCUPADO

P.T. Averiguando es el gerundio del mismo verbo que el imperativo averiguad que errores ortograficos en estas lineas hay

LaCona con Pelos

Fai tempo que pulula pola tele un anuncio duns supermercados galegos ante o cal a xente que tivo a oportunidade de miralo non o esquivou como fai ca meirande parte dos spots publicitarios, e os que non contaron inda ca ocasión pra ollalo andan buscandoa. O certo é que o anuncio ten pouco de orixinal: é unha adaptación dun spot arxentino (os arxentinos, dos mellores do mundo en publicismo creativo), fotografía e formato axeitados ás artes publicitarias “académicas”, a escea final tipo Breaveheart… Ata aí, ren de orixinal. Onde innova a dita cuña televisiva é no tratamento que sobor a idea de Galizia se lle da nela, a revisión que os creadores fan da realidade galega, que xa non presenta un mundo agrario arcáico e unhas urbs modernas, senon que prefire espallar a chegada de ese progreso tamén ó ámbito rural, recuncho onde o galego volta por moito que na aldea non haxa Gadis, e onde asenta orgulloso o carácter galaico. A cidade galega actual, onde se agocharon –e se agochan ainda- perante décadas milleiros de unionistas conformistas, é tamén agora lugar de vida pros de conciencia nacional, aqueles nacidos do boom e directores hoxe de axencias de publicidade, conselleiros de empresas que cotizan, e traballadores/as que fan o cesto no super duas veces á semana. Xente preparada, ó fin e ó cabo; xente ilustrada co segundo grao como mínimo e posuidora de razón ata o punto de saberense tenentes da facultade pra autodeterminarse e proclamar que temos trece mil festas e romerías, gaitas elevadas en número á enésima, domingos con aldeas… E todo sen avergoñarse delo. Xente preñada de progresismo patriota e á que non lle importa decir que Galizia foi e é antes que o resto.
O pasado domingo pola mañá coincidín no mesenller cun amigo de Bande: “Neno, que?” “Nada, eiquí andamos”. Acababanlle de instalar o ADSL e estaba a piques de xantar ca familia. “E que tes pra hoxe?”, pregunteille. “Pois hoxe temos pra comer o plato típico de Galizia: LaCona con Pelos”.

martes, 9 de noviembre de 2010

Nuria entreveu que non ía ser quen de facelo a xeito -ou más ben quixo vascular a responsabilidade da extracción na restauradora-, e chamou a Isa pra que acometese a delicada operación. A pobre da rapaza, a única entre nos que conservaba a pel branca coma un Macintosh (botaba todo o día na caseta limpando cerámica e consolidando moedas), pusoxe colorada; “Que puta esta tía, me pasa el marrón a mi”. O certo era que lle tiña chegado a hora de pór en práctica todo o que estudiara e o momento non era o desexado, con todos nós alí alertados, cheirando, e expectantes ante o que se supuñan eran os restos case que íntegros dun pequerrecho recipiente de vidro decorado e con releves. Apareceu soterrado nunha unidade estratigráfica de sedimentos máis modernos que a que os contiña, e semellaba definir en planta un dos máis de trinta surcos que había en toda a area, inda que conforme descendía de nivel adquiría a figura dun enterramento (formas antropomorfas e orientación E-O). O novedoso era que, malia escachado en cachiños, o vaso apareceu case enteiro.
Foi logo polo palillo, o pincel, e un “taper” onde nada máis podía coller unha faba grande. Con precisión de neófita neurociruxana, comenzou a limpar a area que arrodeaban os anaquiños de vidro postos uns riba dos outros. Cando deixou ceibe de terra e area solta a superficie do achado, tomou unha carboneira e, como se estivese repartindo a tarta nupcial, recolleu a porción de terra que contiña tan fermosa testemuña dos nosos anceios. Meteuna a gusto no “taper”, e botou unha ollada de satisfacción a Nuria.
Os anacos xa revelaban un finisimo traballo. A todos nos constou que era un recipiente de dimensións medias, o vidro era dunha calidade non coñecida ata entón noutros restos atopados na excavación, contiña unha decoración xeométrica, e parecía ter chegado ata nos en condicións de conservación privilexiadas. Os restos asomaron, pois, en niveis estratigráficos no sustrato excavado intencionadamente para o soterramento, dentro dunha unidade de rexistro inmersa á vez nun subsector que xa días antes tivera outorgado algunhas satisfaccións a todos nós (sigillata, cerámica estampillada, moedas, un anel…), inda que poucas estructuras.

lunes, 8 de noviembre de 2010

DICHOSOS LOS EXTRAÑOS, PORQUE UN DÍA SE HARÁN DAÑO

Os alpavardas

Monicreques, trampilláns, cotrosos, fedechosos, parvos, sacos de pus, galdrumeiros, patáns, lamecús, trapalleiros, larafuzas, nugalláns, lambóns, farfallóns, lurpias, odres, castróns, lacazáns, paduáns, charramangueiros, fervellasberzas, mentireiros, larcháns, choracricas, argalleiros, roñosos, galóns, fedellos, avarentos, goldracháns, rillachavos, trangalláns, pailáns, badiolos, porcalláns, rabecháns, fuchicáns, prosmas, rancorosos, pousafoles, merdentos, larbuceiros, palurdos, bulideiros, lelos, marráns, caralláns, badocos, chafulleiros, zarangalleiros, paifocos, cochos, esmorgantes, pándegos, rifeiros, fachendosos, rañáns, galdráns, traidores, lambefoulas, mimarracheiros, pachorrentos, remendafoles, virachaquetas, xaropeiros, zalapastráns, pámpanos, bandallos, lambecricas, papaostias, fanfarróns, barralláns ou barallocas, montóns de bosta, fedellos, cantamañáns, lamecortellos, fuchicáns, apalermados, baldrogas, fañosos, sórneas, cagarolas, comellóns, gorxóns, energúmenos, faldeiros, galdracháns, lercháns, espabilados…
Situación atípica, real e, cando menos, soprendente:
- Hola -señora con acento de Cartelle-, me firmas aquí y nos das tu apoyo?
- E ló pra que?
- Somos de la Plataforma por una Galicia Bilingüe –confirmado, é de Cartelle (con todolos meus respectos ás xentes de Cartelle)- y queremos que cada uno elija el idioma en el que desea que sus hijos aprendan y…
O que máis dano fai é que, non é un castelán quen ven avogar polo seu idioma, senon que é un galego quen chora pola defensa dunha lingua allea á sua propia. Que triste, de verdade.
Señores e señoras da asociación por unha Galizia Bilingüe: se foron quen de ler e ben entender o sinificado de cada unha das verbas que veño de cuspir (é posible que se repita algunha), se comprenderon que son palabras despectivas, de desprezo, insultos, borralladas, sapos e culebras, entón serán capaces de entender que, do mesmo xeito que podo pór verde a alguén en galego, tamén podo ser quen de lle ensinar a un cativo ou mozo –e éste, á sua vez, comprenderme á perfección- que ún máis dous son tres, que o cadrado de éste son nove, que o nivel do Ph distingue a unha sustancia básica doutra ácida, que o leite, inda que masculino, sempre será o leite, que o número de Avogadro é unha constante que mide a cantidade de obxetos nun mol, que a hepatite é unha doenza do fígado, que as enzimas serven de catalizadores dalgúns dos procesos químicos que se xeran no organismo dos humáns, que Nietzsche cría na “morte de Deus” e nun “eterno retorno” e Freud fundou a psicoanalise, que Galizia foi Reino, ou que a Guerra da Independencia tivo en Elviña unha das suas batallas máis cruentas. Non si?
Quen cré que unha lingua en particular non serve pra ensinar axeitadamente é porque o incapaz pra comunicar ou transmitir coñecementos é él mesmo.

lunes, 1 de noviembre de 2010

Lo que me dijo el cabizbajo

Según Descartes: “Si pensara que la alegría (felicidad) era el bien supremo, no dudaría de que es preciso alegrarse al precio que sea, y que aprobaría la brutalidad de quienes se ahogan en vino sus penas, o las esconden con tabaco”. Es cierto. Pero, sin embargo, en otra ocasión indica que “yo distingo entre el bien supremo que consiste en el ejercicio de la virtud o lo que es igual, en la posesión de todos los bienes cuya adquisición depende de nuestro libre albedrío, y la satisfacción espiritual que se sigue de esta adquisición”. ¿No parece demagogia? Si por un lado nos advierte de que no es la felicidad un bien supremo, por el otro en cambio nos anima a buscar “personal y libremente” la satisfacción que emana de la consecución de un bien supremo. “Personal y libremente”. ¿Es que el borracho no puede llegar a tener la embriaguez como un bien supremo que nace de su propia escala de valores, de su propio libre albedrío? Si es así, ¿por qué califica entonces de “brutal” la consecución de un bien que alguno tiene como supremo?. Este es un caso extremo, pero la radicalidad de una prueba (el alcoholizado) o su carácter inaudito no tiene por que llevar consigo que esa prueba sea inexistente y, por “lógica”, punible, puesto que lo que hemos dicho se podría mostrar ejemplificando con hechos y actitudes que entran dentro, incluso, de la cotidianeidad. Por tanto, la polémica es la siguiente: un orden de virtudes equivocado y consuetudinario (no existe un libre albedrío).