viernes, 29 de mayo de 2015

Os primeiros homínidos víronse forzados a baixaren ó chan cando a escaseza de alimentos das árbores se fixo notar por mor dunha esplosión demográfica faunista de carallo. Non houbo froitos pra tanto bicho, así que os primeiros primates en faer vida lonxe da seguranza das árbores foron uns valentes (baixar á terra comportaba riscos: os depredadores). África era daquelas moito máis que sabana, e estaba cheia de chairas de pradeiras e forestas; nin o Sahara era tan árido coma hoxendia. Procurarse o sustento, sobreviver e lograr que as crianzas sobreviveran, e perpetuarse coma especie non foi moco de pavo. Houbo que andar as agachadas sempre, erguéndose cada dez segundos sobre as estremidades traseiras pra ollar entre a vexetación se vinha algún carnívoro cabrón. Era coma viver nunha constante tensión. Dende logo, acadar comodidade no chan traía premio: abondosos alimentos. Pouco a pouco, aqueles primates que viviron nos cumios aprenderon a se desprazar sobre somentes duas patas. Fixeronse bípedos. Grazas a esta nova costume, a vida empezou a faerse un chisco máis doada. Liberar as duas estremidades superiores favoreceu que as nais poideran portar ós fillos con máis soltura e, o máis importante, empezaron a empregar as mans pra moito máis que moverse de pola en pola ou pra pelar froitos. Experimentar con elas provocou outro avance capital: o cerebro empezou a traballar máis, a exercitarse e, polo tanto, a medrar (lembremos que o Homo Sapiens é un dos seres vivos co volumen de cerebro máis grande en comparación co tamaño total do corpo. Pasalle algo semellante ós golfinhos -de ahí a sua intelixencia-). A un tempo que medraba, maquinaba, e xa sabedes que cando a cabeza non para...: primeiros utensilios e trebellos (pra descascarillar froitas, argallar seguridade e acubío fronte os depredadores, e mesmo pros primeiros tentos de caza doutras especies). Andar erguido provocou tamen cambios físicos, sobre todo nas femias: o canle púbico e a coxis sufriron modificacións e os pequenos empezaron a sair do ventre das nais de xeito bem diferente. A escea* adxunta pertence ó filme "La guerre du feu" (traduciuse ó castelán como "En busca del fuego"), unha cinta de cabeceira pra calquer estudoso da evolución humana, e amosa nuns segundos a mudanza de hábitos** ó pasaren do mundo animal ó mundo humán.
* Inda que pouco probable o cruce entre un Neanderthal e unha Sapiens, o filme prega licencia pra fabular sobre un hipotético encontro sexual entrambalasduas especies de homínidos.
** Reparade en como é ela quen o insta a practicar o coito de xeito mais "humán"


viernes, 1 de mayo de 2015





Nihilistas

"El nihilista prefiere creer en la nada que no creer en nada" F. Nietzsche.

En referencia a que el sentido de la existencia de uno mismo no se debe esperar en razones exógenas a uno ("la vida no tiene sentido"), siendo recomendable el establecimiento de hitos o metas a alcanzar en la propia vida para, así, darle sentido desde la propia percepción: desde uno para el resto, y no desde el resto para uno ("MI vida tiene el sentido que yo desee darle")