Los ideales ilustrados, a partir de los cuales nacieron las tendencias ideológicas desde entonces hasta hoy en día, fracasaron estrepitosamente a lo largo de sus 3 siglos de imposición y demostraron como la sociedad que nace de las mentes supuestas de un grupo de pensadores está destinada de por vida a la contrariedad. No hay ser mas contradictorio consigo mismo que el hombre, y no hay nada más antinatura para el hombre que la teoría de él y desde él. La teoría solo vive en estado puro en la Lógica , el resto de las vertientes de la existencia son mares de la subjeción.
Sabean todos quantos esta carta vyren et conosçuda cousa sega como nos, Ge de Gol, fillio de terras entre Souto co Ceo et o lugar de Valdodemo a esto que dito he presente foy et esta carta escribeu et aquy meu nome et meu sinal fiz et miña razon din
domingo, 25 de diciembre de 2011
LA JUSTICIA
viernes, 23 de diciembre de 2011
miércoles, 21 de diciembre de 2011
Lois VIII
De camiño a praza maior viñen escoitando os contos que sobre un anecdotario da sua vida relataba o home. Narraba coma o que coñece unha historia en detalle o que me fixo supor que nunca esqueceu cada minuto dos seus días, e que gardaba a sua memoria coma o último que desexaba perder polo camiño da peregrinase que todos facemos deica a morte e a inexistencia. Malia a situación na que vivía, o seu sorriso cando rememoraba feitos e fazañas pasados denotaba nel un tremendo orgullo contenido por terse aventurado en menesteres dun xeito persoal, feitos que atesouraba coma lingotes de ouro na mente.
Eu sentíame ledo de ser dono, coma el dixo, dos poucos oidos que mereceron a sua confianza e recibiron as suas historias de tempos pretéritos, polo cal exixiume ter conta delas coma o maís preciado que eu tivera en consideración.
- Esta é a historia dun vello protagonista de inquedantes episodios. Non as esquezas polo simple feito de seren vividas por unha irrisoria personalidade. –dicía.
Ó tempo que percorriamos as ruas atinaba cos ollos calquer feixe de lixo que pudiese conter algo inxerible. Cando as suas sospeitas facianse grandes apuraba o paso pra achegarse ata o divisado. Unha vez tiña aberta a bolsa buscaba onde sentar e examinaba coidadosamente cada desperdicio, ollandoo ben, cheirando co nariz –dicía que era quen de, con so ulilo, recoñece-la salubridade dun anaco de carne ou doces- e votandolle o dente a calqueira trozo de empanada, chiscos de marisco ou pan.
Aquelas esceas lembrabanme a alguen.
- Teño a mente esmorecida, amolada, pero podoche asegurar que os meus sentidos estan tan desenrolados coma os teus –farfullaba mentras mascaba o que era diño de crédito.- De seguro que has pensar na magoa que dou. Non me teñas por un infeliz ó facer esto. Ollao pola boa parte que ten: aforro os cartos que a xente normal tanta suor lles costa conseguir. ¡Mmm, esto esta bo!.
- Se cadra non das magoa. O que cheiras é a parasito –dixenlle eu. Pero de novo saiu pola tanxente.
- As miñas carnes so coñecen un traballo: o de tentar estar alerta perante cada noite e terme asegurado un amencer con pulso cardíaco e actividade pulmonar. –dixo, sempre cun anaco de “merda” na boca.
Mentras comía eu seguía ó seu carón. Ese era o papel que naquel día o destiño me dera. Mais conforme medraba a noitiña, as miñas esperanzas de achar aventura con aquel home esvaraban polo tempo e convenciame a min mesmo da necesidade de deixar de facer de can de palleiro e marchar pro meu lar no que, de seguro, me estarían a votar de menos.
- ¿Qué che pasa? ¿Non comes? –interrogou cando se dispuña a desfacer un paquete de plástico en busca de máis vitaminas. “Ainda non está cheo”, dixen pra min. Fixen un xesto de recuar para darlle a entender que non, que a situación estabame a facer xira-los intestinos ameazando bascas e non voltou a insistir.
Pensei na fame. Eu coñecíaa coma ese molesto ar no ventre que amolache o sentido cando o corpo require alimento e que instintivamente ordea directamente ás tuas extremidades inferiores a toma-la dirección cara onde se atopa o antídoto contra tal veneno mortal. Pero sei que a fame é mais ca iso. A fame é dor, a fame é padecemento, enfermidade e pesadelo. A fame vive co mais merdento de ti, e del aproveita a capacidade para levarte ata o impensable e irracional. A fame busca no teu interior a maldade, a insolencia, as paixóns e bestialidade pra so conseguir o que a ela lle complace. É-lo seu escravo cando ela rixe a tua vida, non tes outra sorte que, cando ela exise protagonismo, lanza-lo teu cu na procura dos seus caprichos; a costa do que sexa tes que acata-los seus mandamentos.
miércoles, 14 de diciembre de 2011
Lois VII
A imantada personalidade daquel extraño individuo levoume con él onde so os seus pes sabían, pois namentras caminaba ía falando pra si mesmo non prestando atención ó seu sentido orientativo que, se cadra, facía tempo que non habitaba nos seus sentidos.
Deixaba sair da sua boca palabras mal articuladas que ían acompañadas de xesticulacións e aspaventos das mans. De cando en vez detiase a olla-lo ceo e saetaba con plegarias e condenas o máis alto.
- Fuches quen de abandoa-lo teu propio fillo cando tanto requería de ti. Fai tempo que esqueciches a miña alma e agora vago na lagoa da eterna memoria –dicía- Agora cavilo en constante martirio sobre o porqué elixiches tal destiño pra min e por que arroxaches ós cascallos e ó lixo a miña ruinosa existencia. ¿Que mal cometin para que me teñas entre os desheredeiros da tua morada?.
Eu escoitaba as suas verbas con atenta memoria, pois as tolas reflexións do home petaban de seguido na porta da miña conciencia coma se quixesen entrar a formar parte da polémica plática que na miña mente facía tempo viñan practicando os principios meus. Ata min chegaban aquelas frases de versículo en forma de quexidos dun home a quen inxustamente a realidade lle virou as costas. Dixería eu pra min as lamentacións, reproches e solicitudes de recompensas que aquel home ía farfullando entre dentes unhas veces e a berros as meirandes delas, e creaba no meu interior unha miuda e persoal reconstrucción do que podería ter sido a cuantía do sufrimento daquel humán; dura, crónica, padecemento, bagoas, fame, alineación, enfermidade, desequilibrio, calvario, estas eran as palabras que maís fixaban a miña atención cando sonaban na miña mente tra-la reconstrucción virtual da vida daquel home.
Non contaba a miña persoa ca falla de tempo naquel día. Por iso decidin acompañalo na sua desgracia polas ruas da cidade fervente. O sol xa escomenzaba a agocharse polo poente o que favorecía a aparición dun ar lixeiro que iniciaba o percorrido polo rueiro, enchendo de alivio as peles de moitos mortais. Mais era agora o chapapote o que emitía a sua febre amontoada perante o día, e coma un alento do demo erguiase cara arriba contrarestando o feble ar da tardiña.
Preto do lugar do Regueiro, nun recuncho dunha rua, o home que sabía da miña compaña pero non a valoraba coma tal detivose un intre e pousou o seu cu na marmore porcalleira da entrada a unha vivenda.
- Estou un pouco canso –dixo ollando pra min coma bastante tempo facía que non o fixera- Marcha pra tua casa meu, aquí xa non hai que facer.
Respiraba con dificultades. “Semella enfermo”, dixen pra min.
- Non. A modo, a verdade e que non teño apuro en marchar. Non teño moitos deberes que cumprir e ainda e cedo pra cear e deitarse.
Non contaba eu a verdade pois o meu bandullo xa viña dende fai tempo exixindo atención e a calor maiabame os osos de tal xeito que doíanme coma se me tivese mancado. Ainda así, a novidade que rachaba os meus monótonos días de vrao encarnada naquel suxeito absorbía toda-las miñas vontades somentendoas á idea de aventura que en potencia contiña o farraposo home. Deixeime entón levar polos feitos e permañecin ó carón del pra ser parte e testemuña das seguintes horas na vida do individuo.
Amarrou o último dos cartóns de viño que lle restaban e votou un grande grolo. O feito anunciaba un inminente cambio de tercio.
- Xa é hora de cear. Habera que chamar polo alimento a berros. Veña, imos aló. –dixo erguendose de súpeto.
lunes, 12 de diciembre de 2011
sábado, 3 de diciembre de 2011
Lois VI
De supeto, e sen facermo saber, ergueuse do seu asento e votou a recoller todo o que eu supusen era o que tiña: unhas bolsas de plástico que gardaban o inimaxinable, rarezas ou obxetos dun valor extremo pra él pero de nulo interese pro resto dos mortais; un caxato que lle ofrecía apoio, porco dende a punta que pega ó chan ata o mango por onde amarra a man; un sombreiro que máis que protección pra testa o que daba era traballo lembrarse del cando un quere facer inventario de pertenzas cando ten partir cara outro destiño; un par de xornáis de diferente tendencia ideolóxica, non pra estar o tanto da actualidade, senon para face-lo leito cando os ollos dun e a luz diurna evidencian descanso, onde cadre; e dous cartóns de viño, un deles xa mediado, o outro arrincouno do interior dunha das bolsas de plástico case que pra votarlle a man non despois de moito tempo.
Unha vez tivo feito reconto de todo o que precisaba, foi cando a min se dirixiu.
- ¿Ves ou quedas, pequerrecho? –preguntoume mirando cos seus azuis e vermellos ollos. Era das poucas veces que fixaba as suas pupilas nas miñas.
Non podía haber nada no mundo que non aturase tanto eu que sempre se estiveran a referir a min votando man da miña estatura e definindome con ela. Xa sei que non era coma outros, alto, forte e bonito, pero arrepiabame o oir sempre expresións que cheiraban a mofa piadosa, e maís cando viñan de xenté que precisamente non podían presumir de perfección en estado puro. Ademaís, non foi pouca as persoas que dicían que, ainda que anano, tiña eu unha bonita pelaxe: loira, de tirabuzos dourados e de bo tacto, xa que son moitos os que nunca quedan cansos ó tocarme na testa e senti-lo sedoso cabelo do que era eu posuidor. Eu sempre anadaba a procura de traelo limpo e ben coidado. Gostome de escoitar verdades, sobre todo se veñen proxectadas dende o sexo contrario.
- ¿Non queres facerme hoxe compaña?. Ala ti, eu vou ver si atopo que levar a boca por ahí. –dito esto puxose a caminar.
Ainda que padecía a magoa de ser inquilino nas ruas, de non ter teito que lle detivese as bagoas que en grande cantidade caen nesta cidade en outono dende o ceo, e ainda que o seu corpo parecía inmune a calor dos vraos e curtido en duras batallas contra a fame, os seus andares eran seguros e firmes coma os dun ministro. Nin se balanceaba, nin votaba o cu pra atrás, nin o bandullo pra diante e, agás o caxato que requerían as suas forzas pra caminar, non se lle ollaban cansas as pernas, dereitas e semellantes as polas dun forte carballo vello que atura o paso do tempo so ca axuda do orgullo de pertencer o maís vello do planeta.
Fixo uns cantos pasos ó frente antes de voltar sobre si mesmo e preguntarme ca sua soa mirada que demos ía eu facer. Non souben que facer. O certo é que xa estaba presto o meu estómago pra cea moi cedo antes do que soía estar, e a calor do día fixo meia en min e contaba xa ca horizontalidade das miñas carnes nun leito entre os dexesos maís inmediatos. Nembargantes, torcinlle a mirada: viume á mente a grande oportunidade de refresca-lo corpo que perdera por mor de facerlle caso ós imperativos daquel home, e de supeto non cheguei a ser quen de entender por que raios tiña falado todo ese tempo con él. “Sería o colmo que pra remata-la faena marchara sabe dios onde con este individuo”.
jueves, 1 de diciembre de 2011
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


