Despois de anos vivindo en grandes cidades (a lo menos núcleos de poboazión máis grandes que o meu lugar) un volta a casa, decide dar un paseiño pra aproveitar os derradeiros abrazos do veraniño de San Miguel polas rúas que antonte erán eidos e monte, e hoxe son boulevares –bulevar nin oxtias… ruas onde caben catro coches un ó lado doutro, que carallo-, e queda abraiado, flipando, miudo, estraño e gilipollas. É que tampouco fai falta procurar comparacións en terras alleas, só compre curiosear por onde nunca ousaches curiosear (máis ca nada porque eran territorios que ti crías dominados dende anos) e quédaseche unha cara de parvo…
Ó que de nenos lle chamabamos A Pita Gorda, un descampado ceibe da expansión inmobiliaria alá polos ochenta, onde medraban daquelas castiñeiros, toxos, mourogos, cheo de rás, vacalouras, abispas i-a cona cas pariu, charcos que cando xiaba eras quen de camiñar por riba deles (aquelo si que eran invernos), hoxe chamase Paseo Andres “O Tolo da Batería”, e os edificios non levan números, como os de sempre –algunhos pintados a mau na mesma fachada en cirilico… (xa m´entendes)-, se non que lle poñen nomes: “Ed. Fuentefría”, “Ed. Hnos Lopez-Azcarraga de Valdes”, “Bloque C”… Eso só o vías ti nas grandes urbes, pero non aquí joder… anda que non plantei eu pinos onde hoxe ten a Fenosa un Centro de Transformación… E onde fumaba os meus primeiros pitillos as agachadas hoxe puxeron un cagadeiro pros cans, con ducha (de auga quente traída ex profeso dende os afloramentos do Casco Histórico…), dispensatorio de bolsiñas para recoller as deposicións dos cadelos, e ata lle teñen wifi.
Agora hai parques pros rapaces por todolos lados, xusto cando a tasa de natalidade galega é a máis baixa de toda Europa Occidental, e con esto da crise os edificios parecen máis novos, inda que leven 5 anos feitos, pero valeiros, cas cristaleiras retando ó sol en reflexións, tan uniformados, sen roupa tendida, nen maceteiros, nen bandeiras de España… Éstas néofitas construccións conforman un labirinto de novas rúas e viais polos caís un fica tonto na maís decátarse como unha ou outra promotora ou sociedades “doutro tipo e interes” teñen maíor ou menos acerto canto ó aproveitamento do espazo edificable (habelas hailas, como meigas, que predispoñen antes os meirandes rendementos do invertido que a mera funcionalidade ou formalidade; outras pecan en exceso de formalidade –un lado da sua fachada é arredondo… como oxtias cuadras unha cama aí?…-, ou de funcionalidade –o outro día escoitei a un arquitecto dicir que reducir a luz nas fiestras dos novos edificios (o tamaño das mesmas, vamos) axuda a reducir os costes na construcción e nos niveis de suicidio…. Eu flipo.
Eso sí: por esas rúas non che hai vidiña ningunha. Moito parque, moito banquiño… pero nin dios; como moito o funcionario ocioso de domingo pola mañán que anda paseando o can na empresa complicada de procurar que éste non defeque no cespede sen que se lle caigan de debaixo do brazo os dous kilos e medio de suplementos semanais que lle trae El País. Ata os barrendeiros se aburren por esos lugares, e o sol parece pegar máis forte que en tres rúas máis alá.
Fai duas noites ía por alí paseando á cadela e ás miñas cavilacións; a tal nivel de introspección cheguei que abstrainme. Desas conversas que tentas a veces ter en serio contigo mesmo, sabes? Nunha destas crín escoitar ó fondo que alguén me mandaba calar... shhhhhhh... como si soubese que estaba tentando ter unha seria conversa conmigo mesmo e o estivera facendo a gritos, incluso sospeitei do meu propio subconsciente que estaba farto de rifar. OS PUTOS ASPERSORES, que os cabróns arrancaron xusto cando pasaba eu por alí. Mi má como me rallei...
Fai duas noites ía por alí paseando á cadela e ás miñas cavilacións; a tal nivel de introspección cheguei que abstrainme. Desas conversas que tentas a veces ter en serio contigo mesmo, sabes? Nunha destas crín escoitar ó fondo que alguén me mandaba calar... shhhhhhh... como si soubese que estaba tentando ter unha seria conversa conmigo mesmo e o estivera facendo a gritos, incluso sospeitei do meu propio subconsciente que estaba farto de rifar. OS PUTOS ASPERSORES, que os cabróns arrancaron xusto cando pasaba eu por alí. Mi má como me rallei...
Á mañá seguinte pasei por baixo dun letreiro… “Rua Santiago Carillo”, e baixo deste outro de “Prohibido Fumar”. "Tanto como loitamos contra Franco porque todo o censuraba e mira pra estes...", contoume un vello que viña da misa.
Todo esto ten a sua cara e cruz. A cruz é a morriña, que se ten por violada, pois un sempre conta con sentirse agusto cada vez que volta a casiña e, pola contra, semella máis sentirse un estraño na sua terra que un fillo pródigo. Pola parte boa, considerar que os cambios, inda que sexan pouco atinados, sempre son necesarios…. Ah, e que nun bar que atopei nunha dexas rúas feitas ex novo, illado do mundo, pero ben feitiño, con un toque chic e unha television de plasma grande coma un Gernika que ata facía tortillas por usb ("si a sabes configurar, claro...", dixome o dono) descubrin un dos millores licorcafés de toda a miña cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario