martes, 7 de diciembre de 2010

Mámoa

Unha mamoa é unha estructura que procura certa edificabilidade empregando un pequeno rebaixe do chan onde logo se asentan chantos de pé (pedras de orixe metamórfico, principalmente: granitos, xistros) duns 1000-2000 kgrms, entre dous e tres metros de longo por ún de ancho de media, e formando plantas circulares ou poligonais pechadas por unha lousa lítica de grandisimas dimensións, rondando pois os 1-3 metros cadrados de superficie interior e o metro metro e medio de altura no interior da estructura. Unha vez presentada a construcción, ésta cubríase cunha coraza de croios e terras formando un túmulo circular que se inserta no entorno natural, precisamente alí onde os primeiros galegos querían o descanso eterno, en conxunción directa ca terra, que é nai, porque da vida e a sustenta, e porque o ser sempre volta a donde veu, recollido novamente polo colo da nai ó final dos días. As mamoas, que gardan certa similitude constructiva e funcional cos dolmenes, inda que estos están espidos de tumulacións, servián pois pra enterramentos indivuais (xa daquelas, non eran moitos os que se podían permitir facer un “nicho” pra él solo) ou colectivos (familias do mesmo clán), ven por incineración ou inhumación, deixando ambalasduas a pegada do nivel de industrialización daquelas xentes (as cinzas do finado metíanse en recipiendarios cerámicos que revelan ó arqueólogo o xeito no que foi amalgada, moldeada e cocida a arxila e, xa que logo, o grao de técnica empregada, e os axuares que soen acompañar os mortos na sua longa viaxe son indicadores do dominio que tiñan tanto na talla da pedra, como no forxado dos metais, ou mesmo a orfebreria)…
Dicir que o conxunto funerario do Morrazo (Mamoa do Rei, Chan de Castiñeiras, Chan d´Armada, Chan d´Arquiña…) componse de unidades monumentais representativas das diferentes tipoloxías canto ó megalitismo de enterramento se refire. Así, na rota que abranxe os concellos de Marín, Vilaboa e lindeiros, o interesado conta con exemplos de mamoas de corredor (pequeno acceso á cámara definido así mesmo con chantos fincados), mamoas sen corredor (xeralmente pechadas), dolmens, cistas (estructuras de menor entidade, de planta rectangular ou cadrangular, pero de igual xeito tumuladas, e adicadas ó soterramento dunha única persoa), etc, todo elo en perfecta sinerxia co entorno, o cal se apresenta como axeitado paradima canto a escolleita que os megaliteiros dentón facían á hora de emplaza-los seus monumentos.
Inda que non é esclusividade litoral, sí que é constatable unha meirande presenzia do megalitismo ó longo da fachada atlántica galega respecto ó interior, malia contar nas provincias de Ourense (todo o suroeste da mesma) e Lugo (o sector leste da provincia) con unidades semellantes, algo máis espalladas (ó contrario que na costa, onde os campos megalíticos conforman auténticos cemiterios neolíticos) e en menor cantidade, máis non calidade. As provincias costeiras acumulan restos que acadan sona internacional, centrandose a presenzia de mamoas, dolmens e menhires no Morrazo, Salnés, Barbanza e Costa da Morte, principalmente, o que pra moitos estudiosos ven deixar en relevancia o carácter netamente atlantista do fenómeno, en atinada liganza cas particularidades, non so bretonas, irlandesas, ou británicas, senon mesmo con raigames comúns cas costas noreuropeas.
Os traballos arqueolóxicos que ó longo destes meses de estío se están a levar a cabo na serra do Morrazo procuran, non so comprender mellor o fenómeno megalítico a niveis técnicos e académicos, senon que buscan garantir asi mesmo a perdurabilidade dos monumentos máis aló dos milleiros de anos cos que xa contan, outorgandolle estabilidade (dentro do programa de posta en valor inclúese, non somentes unha consolidación, senon tamén unha reconstrucción ca fin de traer cara o presente o valor histórico que xa de por si posúen) e valía actual. Dentro dos programas de actuacións, nos que colaboran como uns dos axentes máis activos os Concellos de Marín e Vilaboa, inclúense unhas próximas escavacións que agardamos donen ó coñecemento científico xeral que sobre o megalitismo temos informacións de primeiro orde tanto da orixe e evolución humana, como dos primeiros galegos en particular, aportando dese xeito sentidiño á nosa identidade, e apartándonos de igual modo de historias ligadas á nosa pola forza e que, nembargantes, son totalmente alleas a nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario