Disque Ith, fillo de Breogán, atisbou terras irlandesas dende o cumio da Torre de Hércules da antiga Brigantium (hoxe identificada por moitos como a antiga Coruña) no golfo ártabro, e arengou ós seus pra conquistar aquelas lonxanas terras. E alá foron!.
A pesar do fermoso da lenda, nin Breogán consta que existise, nin tampouco é factible que nos tempos que corrían estivese erguido xa o que hoxe é considerado o faro en activo máis antigo do planeta (foi mandado construir en tempos de Traxano –o primeiro emperador romano de orixe hispana-, alá polo século I d. C., polo que é moito máis posterior ós tempos da Galizia propiamente celta). Pero, é plausible a posibilidade de que as Bretañas fosen ocupadas por invasores continentais, máis concretamente galegos?
Fai pouco lín nun xornal de tirada “nacional” (outubro 2008) que un investigador da Universidade de Oxford fixo pública dita posibilidade a partires das evaluacións e estudos xenéticos realizados e postos en comparación entre os ingleses de hoxe (entendanme, “británicos” en xeral) e os actuais habitantes da fachada atlántica continental (bretons na Francia, e galaicos e norteños peninsulares). Os resultados, segun o devandito estudioso, veñen a pór en relevancia a enorme similitude hereditaria entre os actuais poboadores insulares e continentais, a sorprendente coincidencia entre os rasgos xenéticos dos ingleses (ós que se cría por saxóns –pobo de orixe centroeuropea-, e que agora semellan ter moito máis de celtas do que parecía) e os bretóns, astures, galegos… Ditas coincidencias faríanse constar na propia fisionomía dos pobos en comparación: peles brancas, mesmo pálidas, ollos de cores claras, cabelos loiros, petirroxos, ou aclareados, complexións magras, carácteres, tradicións, e culturas similares… O mesmo profesor encargouse de viaxar ó longo dos lugares en analise e él mesmo abraiouse da clara e indiscutible posición de igualdade entre os galegos, por exemplo, e os británicos.
Pero, de que sorprendernos? Xa fai tempo o noso paisano Vicente Risco o advertía: “é un feito que non se pode discutir seriamente, que no pobo galego hai un predominio marcado do elemento loiro centroeuropeo, como non sucede en ningún outro pobo da Península. Na poboación rural, nótase que todol-os rapaciños son brancos com´a neve co cabelo loiro, cuasequ´albino. Logo, o sol, o aire, no traballo constante da terra vólvelles o coiro tostado y-o cabelo escuro. (...) O elemento loiro centroeuropeo, ten entre nos duas orixes: os celtas e máis os xermanos”. (vexase “A xente galega”, dentro de “Teoría do nacionalismo galego”, de V. Risco). Efectivamente, no galego converxen duas razas puramente continentais: a celta, pobo ó que se ten por netamente europeo, e a xermana, ésta última aportada perante as invasións bárbaras dos séculos IV-V d. C., é dicir, os suevos. Ambalasduas solaparonse no tempo, unha riba d´outra, a sueva sobre a celta, e mantiveron incorruptible –e digo ben: incorruptible- unha esencia galaica limpa e perfectamente identitaria. “A raza galega sigue sendo a vella raza céltica, mesturada con íberos, romanos e xermánicos, mais impoñendos´os carauteres dos celtas por riba de todol-os demais. É pol-o tanto a menos ibérica da penínsua, e con estretos parentescos étnicos fora da España”.
Compre pois facer distinción entre nós, galaicos, e os “demáis”, aqueles que o propio Risco inclue dentro da raza “euroafricana” e que eu ousaría a enmarcar na metade meridional da península ibérica. Asumamo-la forma que temos de entende-la nosa propia historia e intrahistoria; o xeito que lle damos á fe, unha fe alonxada de triunfalismos, ideas, idolatrías, fanatismos, e necias parafernalias, e que ata nós se achega nas fontes, montes e penas como máxica, maxistral, tebrosa, artúrica, e digna de respeto; asumamo-la nosa propia idiosincrasia, a nosa propia etnicidade, cultura, e fala. Falemos pois de determinismo xeográfico (aquel que di que o home é consecuencia do medio que habita), falemos de raza, recuperemo-la raza.
Máis falar é pouco senon somos quen logo de decir moito con actitudes consecuentes. Ese é un dos principais defectos do galego: nunca foi consecuente, nin cos demáis, nin consigo mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario