sábado, 21 de mayo de 2011

Seica espabilástedes, carallo


         
Por fín. Mais non é a democracia a que compre revisar.
Na España, á actual situación de emerxencia económico-social chegouse por razóns domésticas en particular, precipitadas por razóns esoxenas a niveis internacionais.
O Estado medrou nos últimos anos a partires dunhas bases de crecemento impulsadas non esclusivamente dende as etapas democráticas, senon que xa dende anos atrás (aperturismo económico franquista) sentáronse as bases do actualmente decadente modelo de medranza español. Éste, apoiouse nuns cánones que fundamentalmente é preciso definires como tardíos pra cada unha das suas etapas. Así, perante as derradeiras décadas da ditadura: 1. Fundación dun sistema de produción enerxética que xa daquelas resultaba obsoleto (xeración de enerxías, por exemplo, a partires da construcción de numerosos saltos hidráulicos ó longo da xeografía peninsular e fundación e promoción de industrias pesadas pra o surtimento do consumo industrial estatal), 2. Aproveitamento das fontes de enerxías e dos grandes centros industriais (Cataluña, Vascongadas…) pra a edificación, vertebración e consolidación de centros en exceso concentrados de feble texido industrial (adicados fundamentalmente á intentos non moi atinados de pechar ciclos de producción de produtos derivados dos escedentes acadados do sector primario), 3. Énfasis desbordante na  promoción da industría do turismo (unha fonte de ingresos segura, pero só durante 4-5 meses ó ano) que á sua vez canalizou todolos esforzos da actividade constructora desbordante (sur peninsular e Levante, fundamentalmente). A fin da ditadura non supuso a liquidación do modelo de crecemento, máis ben ó contrario.
Con todo, ca chegada da democracia, España atopabase hipotecada ó confiare o éxito da sua economía na medranza progresiva dos sectores primarios e terciarios. Os éxitos industriais ficaban pois á deriva, e con eles o futuro económico do Estado e, a sua vez, a capacidade da España como fonte de I+D+i, fundamentais pra afrontar con folganza os retos da nova economía do s. XXI.
O verdadeiro talón de Aquiles da nosa puxanza económica estriba pois na escasa importancia que perante a última metade do s. XX os sucesivos sistemas de goberno estatais lle outorgaron o sector secundario. A principal razón é que os rendementos dos capitais investidos neste sector son sempre a longo prazo; mais os erros non foron exclusivos da clase gobernate, pois o españolito de a pé (o Sr Botín e semellantes tamén andan cos pés) preferiu meter os aforros nunha segunda vivenda –total, no banco non dan nada polos cartos!, e un piso daquelas valía un millón máis ó ano seguinte de mercalo (diñeiro facil e rapido)- que adicar os activos a investir en tecnoloxía e avances, laboratorios, emprendedores con ideas brillantes, ou mesmo nunhas ducias de bó viño en calquera bodega rioxana. Craso erro, meus.
Unha das consecuencias directas da feble importancia que ó sector industrial se lle regalou durante anos é a do enorme número de mozos e mozas sobradamente preparados que hoxendía non atopan onde adicar as suas aptitudes acadadas durante anos e esforzos académicos. Centos de milleiros de licenciados, enxeñeiros, e doutores que hoxendía resultan unha masa endémica de desocupados, desencantados e indinados que non atopan resoltos os seus anseios porque ó longo dos últimos anos os seus pais (empurrados por unhas costumes e ideias de progreso trabucadas) decidiron que era millor ter unha carreira que unha FP, ou invertir nun carnet de socio dun clube de futbol, nun BMW mellor que o do veciño, ou nun apartamento en Torrevieja que na pequena empresa de innovación que daquelas semellaba unha aposta dun feixe de utópicos pringadillos e que hoxe, se cadra, poidera ser o lugar de traballo do seu fillo desempregado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario