lunes, 26 de septiembre de 2011

Ourense


Ós galegos, e máis concretamente ós ourensás penso eu, atribuesenos o defecto –virtude pra outros- da conformidade. O hábito insano da comodidade xera, nembargantes, esclerose social. E Ourense, tanto a nivel provincial como de cabeza de provincia, está enferma, meus. E non so iso, se non que presenta unha diagnose crítica que, inda que leva décadas en estado estacionario, devirá en morte cerebral e paralese permanente. Se cadra, saber un pouco máis de nós axudaríanos a lembrar quen fomos e, polo tanto, que queremos ser.
Galizia adquire identidade xa no periodo castrexo. É nesas datas (supoñamos que fai máis ou menos entre 2000-3500 anos) cando as xentes que poboaban o noroeste da península ibérica forxan un carácter, cultura, e tradicións de seus ben diferenciados do resto de pobos da España prerromana. A estructura social -dende o xeito de distribución e execución da unidade familiar ata as élites guerreiras do clan-, o poboamento e explotación dos recursos da terra, os modos de vida, ó cabo, dos pobos castrexos, fixeron de Galizia un lugar etnograficamente diferente e autónomo, perfectamente alonxado do que contemporaneamente habitaba a parcela ibérica, o que hoxe vimos en chamar “o resto de España”. As fontes antigas, con Estrabón á cabeza, e mai-los avances dos heróicos arqueologos que na actualidade traballan nelo así o demostran: Galizia posuía unha personalidade pura, auténtica, e allea a inxerencias dos pobos mediterraneos que por entón monopolizaban o progreso da humanidade (fenicios, gregos, cartaxineses logo…) e que, por ende, colonizaron o litoral mediterraneo ibérico fisica e socio-economicamente.
Ourense naceu hai case que dous mil anos como espacio xeográfico de habitación dun pequeño núcleo de población ás beiras do río “Minio” (de “Miniorum” –Menor-, termo latino que adoitaron as hostes romanas pra designaren ó fluvio que pasaba por estas lides). Foron, ergo, os imperiais maís serodiamente os que dotaron de habitabilidade as terras que hoxe ocupamos chamando a atención dos moradores castrexos dos soutos achegados que pouco a pouco asentaron no val fluvial cando a romanización acadou sentido, e sobretodo ó rematar a construcción dunha ponte que lles serviu pra salva-lo mesmo río cando as rutas que seguían as calzadas en proxecto -as que habían de unir a Lusitania (hoxe maís ou menos a actual Portugal) co norte recen conquistado da Hispania-, facían de obrigado o paso dunha a outra beira. Así que, encruzillada de camiños, anaquiños de ouro mergullados entre as augas correntes do vello Miño, fervenzas de máis de trinta grados emanando ó amparo de ninfas lendarias que facilitaban a construcción de hipocaustos e balnearios públicos, xunto con outras razóns, veu dar no que hoxe se pode chamar Ourense: asentamento humán tipo ó caron dun río garante de fertilidade e comunicacións.
Demostrado semella ficar que Ourense, na Roma de entón, escomenzou a medrar polo que hoxe é o xardín do Posío, Instituto Otero Pedrayo, rua Colón, Cortés, ata onde esta a Praza Maior, aproximadamente. Arqueoloxicamente así parece demostrarse. E perante os séculos romanos Ourense pagou os seus impostos como os demaís pobos ibéricos, desenrolouse como vila que paulatinamente acadou o estatus de urbs medrando a ambalas beiras do río, serviu e comerciou a e con Roma (destacan a extracción da riqueza aurea e o viño, principalmente), nutriu as lexións de soldados, e xa no poente do Imperio foi elexida sé episcopal e, polo tanto, obtivo rango poboacional maior. Cando cae Roma, os aurienses xa foron quen de crear unha importante vila ó acubio do Miño.
Marchan os romanos e chegan os bárbaros. Cos suevos, Galizia (entendamos por Galizia un territorio que abranguía algo máis co que hoxe entendemos xeograficamente pola nosa patria) configurase coma o primeiro reino europeo en termos socio-políticos. Os dominios reciben unha dose máis potente de cristianidade, pois daquelas os galaicos inda seguíamos a xogar co paganismo (cara mediados do século VI d. C. o rei suevo Teodomiro convertese ó catolicismo e abandona o arrianismo, promulga edictos que favorecen a permeabilidade do reino ó proselitismo que chega dende Roma, fundanse os primeiros mosteiros –San Pedro de Rocas, p. ex.-, etc), e mantense case que ileso o aparello institucional, económico, e social herdado do Imperio. A cidade de Ourense figurase coma un dos centros de poder político-relixiosos no incipiente reino bárbaro acadando estatus de relevancia monárquica (algúns estudios vencellan á nosa vila á capitalidade de Suevia). Foi Mirón quen dende Ourense solicitou ós francos (pobo co que mantiñan os suevos excelentes relacións) o traslado momentaneo das reliquias do San Martiño de Tours pra curar dunha doenza ó seu fillo. A diplomacia, letanías e súplicas tiveron efecto, os restos do beato chegaron ata a vila e -suponse que milagreiramente-, o futuro rei dos suevos foi sanado e devolto á vida. Dende entón, é San Martiño de Tours o patrón da nosa cidade e, máis serodiamente, foi a catedral (a que hoxe coñecemos, pois a primeira foi mandada erguer polo propio rei como xesto de gratitude á Divina Providencia polo sanamento do seu fillo no lugar que hoxe ocupa a igrexa de Sta Maria Nai) consagrada no nome do devandito santo varón da Igrexa Tardoimperial.
O reino suevo foi mergullado no devir político posterior e cara fins do século VI d. C. foi anexionado polos visigodos, co que se daba así por frustrado o primeiro intento dos galegos por constituirense coma entidade politico-xeografica de identidade propia, diferenciada e independiente.






No hay comentarios:

Publicar un comentario