martes, 15 de noviembre de 2011

Lois IV

 Non tiña nin os nocelos sumerxidos na pía cando unhas desgarradas palabras foron emitidas a bozarazos o quecido ambente do parque:
- ¡Schis, oe ti!.
      Voltei sobre min ó escoitar os berridos e pareceume entender que buscaban a miña atención. Non seguro de que fora así, continuei co meu baño que prometia ledicia en esencia.
      - ¡Eh, sae da auga! –volvía a inquerir a rota voz.
      Cando vovín ollar decateime de que aquel home deitado enriba dun banco de pedra nun recuncho do xardín requería a miña atención, pois mirabame con ollos inquisidores e sinalaba co seu anular a miña figura rubia da calor. Espido da parte de arriba do corpo, descansaba no banco unha borracheira do nabo xa que contaba ós pes ca compaña sempre santa dun cartón de viño. Percateime de que me estaba a acusar da miña osadía un esfarrapado mendigo, o típico home desgraciado que agocha a sua magoa nas escuras esquiñas das vellas ruas de calquer vila e convive ca fame, a suor apegada ó seu corpo coma o esta a morte en calqueira dos seus desesperanzadores días e  o licor que Baco sempre garda para quen nen reloxo leva, para quen nin dios se acorda dél.
     Afectado pola imaxe que ofrecía aquel home, o meu corazón tomou esta vez a rexencía dos meus actos e, coma quen concede unha piedade, saín a modiño da fonte, sacudín os pes mollados non todo o que eu tivera dexesado e collín a dirección que a triste sombra daquel home proxectaba a carón da dun feble sauce.
    O decatarse das miñas intencións o desconsolado home abandonou a teima de sinalarme co dedo, pois ainda seguía con él erguido, e incorporouse por completo sobre o banco como querendo facerme fronte dun xeito maís honorable. Nembargantes, buscou un último consello do cartón de viño branco e limpou a merdenta barba de meses de longo sen quitar ollo ós meus pasos. Mais tiven que ser eu o que iniciase o contacto unha vez achegado a él.
    - ¿Qué foi? –pregunteille lenvantando un pouquiño a cabeza e encollendo os hombreiros. Volveu agarra-lo viño e desta vez votou un grolo ven grande, sen deixar de cravarme-las suas dilatadas pupilas nas miñas. Cando rematou a inxesta seguía a mirar para min, pero a sua boca seguía pechada; namais aberta para toser un anaco maís de pulmós que de seguro ía sempre perdendo día a día.
    - ¿Quere facer o favor de dicirme por que raios instoume a abandoa-la miña tarefa de placa-la miña calor? –dixenlle de novo nun tono que para nada resultara ameazante.
    Desta vez falaron as suas sucias mans que requeriron de min a sua compaña ó indicarme con elas que sentase o seu carón. O xeito de solicitar tal petición, miméticamente, sen alocución algunha, coma se tivera vergoña de amosa-la sua voz empobrecida e coma se tentase abandoa-lo ton amonestador que anteriormente empregara conmigo, dobrou a miña iniciativa de asedio que tiña idea de usar ca sua osadía anterior e sumiume nun estado de escravitude de súpeto.
    Acatei a vontade do home e sentei ó seu carón. Foi entón cando me falou:
    - Non deberías andar a fozar nas augas públicas, pois un día ante deter os municipais e encerrariante –dixo sen ollar para min, senon cara o chan. Tentaba evita-la miña mirada que sospeitaba inconforme co que estaba a acontecer.
    - Non teñen por que facelo, estou no meu dereito. –repliqueille eu- Ademaís, ¿dende cando as augas son un privilexio fora do alcance de calqueira?.
   Non volvin achar resposta naquel extraño suxeito que asemellabase en grande cantidade a un descubridor xeográfico de época. ¿Qué ía eu descubrir con él?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario