A imantada personalidade daquel extraño individuo levoume con él onde so os seus pes sabían, pois namentras caminaba ía falando pra si mesmo non prestando atención ó seu sentido orientativo que, se cadra, facía tempo que non habitaba nos seus sentidos.
Deixaba sair da sua boca palabras mal articuladas que ían acompañadas de xesticulacións e aspaventos das mans. De cando en vez detiase a olla-lo ceo e saetaba con plegarias e condenas o máis alto.
- Fuches quen de abandoa-lo teu propio fillo cando tanto requería de ti. Fai tempo que esqueciches a miña alma e agora vago na lagoa da eterna memoria –dicía- Agora cavilo en constante martirio sobre o porqué elixiches tal destiño pra min e por que arroxaches ós cascallos e ó lixo a miña ruinosa existencia. ¿Que mal cometin para que me teñas entre os desheredeiros da tua morada?.
Eu escoitaba as suas verbas con atenta memoria, pois as tolas reflexións do home petaban de seguido na porta da miña conciencia coma se quixesen entrar a formar parte da polémica plática que na miña mente facía tempo viñan practicando os principios meus. Ata min chegaban aquelas frases de versículo en forma de quexidos dun home a quen inxustamente a realidade lle virou as costas. Dixería eu pra min as lamentacións, reproches e solicitudes de recompensas que aquel home ía farfullando entre dentes unhas veces e a berros as meirandes delas, e creaba no meu interior unha miuda e persoal reconstrucción do que podería ter sido a cuantía do sufrimento daquel humán; dura, crónica, padecemento, bagoas, fame, alineación, enfermidade, desequilibrio, calvario, estas eran as palabras que maís fixaban a miña atención cando sonaban na miña mente tra-la reconstrucción virtual da vida daquel home.
Non contaba a miña persoa ca falla de tempo naquel día. Por iso decidin acompañalo na sua desgracia polas ruas da cidade fervente. O sol xa escomenzaba a agocharse polo poente o que favorecía a aparición dun ar lixeiro que iniciaba o percorrido polo rueiro, enchendo de alivio as peles de moitos mortais. Mais era agora o chapapote o que emitía a sua febre amontoada perante o día, e coma un alento do demo erguiase cara arriba contrarestando o feble ar da tardiña.
Preto do lugar do Regueiro, nun recuncho dunha rua, o home que sabía da miña compaña pero non a valoraba coma tal detivose un intre e pousou o seu cu na marmore porcalleira da entrada a unha vivenda.
- Estou un pouco canso –dixo ollando pra min coma bastante tempo facía que non o fixera- Marcha pra tua casa meu, aquí xa non hai que facer.
Respiraba con dificultades. “Semella enfermo”, dixen pra min.
- Non. A modo, a verdade e que non teño apuro en marchar. Non teño moitos deberes que cumprir e ainda e cedo pra cear e deitarse.
Non contaba eu a verdade pois o meu bandullo xa viña dende fai tempo exixindo atención e a calor maiabame os osos de tal xeito que doíanme coma se me tivese mancado. Ainda así, a novidade que rachaba os meus monótonos días de vrao encarnada naquel suxeito absorbía toda-las miñas vontades somentendoas á idea de aventura que en potencia contiña o farraposo home. Deixeime entón levar polos feitos e permañecin ó carón del pra ser parte e testemuña das seguintes horas na vida do individuo.
Amarrou o último dos cartóns de viño que lle restaban e votou un grande grolo. O feito anunciaba un inminente cambio de tercio.
- Xa é hora de cear. Habera que chamar polo alimento a berros. Veña, imos aló. –dixo erguendose de súpeto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario