Deixei de andar na procura do home que tanto me fixo pensar o día anterior e dediqueime a buscar outras correrías. A xornada non parecía propicia pra elo, nembargantes tenteino.
Era domingo e moitas das xentes adicaban a mañá a limpa-lo seu espiritu en liturxias varias espalladas ó longo das multiples igrexas da cidade. O resto dos mortais paseaban o seu merecido descanso semanal polas ribeiras do rio que rompe en dous a cidade. Eran estas persoas as condeadas a soportaren os rigores do vrao no seu lugar de traballo. Moitos andaban de alá pra acá cos seus cativos, cos seus cans, cos abós e aboas, cas mozas e mozos, cavilando en como tiña que ser a vindeira semana, ou como regalar o agasallo que ten preparado pro martes pro noivo sen que deixe de ser unha sorpresa grata, ou como desfacerse da debeda pendente, ou como amarra-lo paxaro que andaba a xogar entre a herba, ou como lograr lembrar o esquecido, olvidar o que se quere esquecer e esquecerse de lembrar...
Eu collin cara os xardíns dos Devanceiros, pois tiña ganas de votarme no chán verdescente, na alfombra natural que se me ofrecía naquel lugar sementado dun limpo cespede. Era o arrecendo a clorofila húmida o que atraía os meus sentidos ó extase. Alí, deitado ca frente ó sol mañaneiro, deixaba flui-lo meu espíritu polos cauces do deleite e pracer mirando sempre urdir fantasias na miña cachola que fixeran sentirme máis ca un anaco de mundo. Sobre aquela herba construín durante moito tempo atrás fazañas que so tiñan sentido naquel lugar; a imaxinación levabame con ela onde eu mandase, era a miña esclava e con ela vivía venturas e desventuras (máis das primeiras que das segundas, so faltaba...). Deitado naquelas verdes caricias biquei por primeira vez a unha moza, ubiquei o trono dun reino onde eu era o seu monarca e principe e argullei esceas diñas do heroe de centos de seres.
No xardín dos Devanceiros non cabían os pesadelos. Sempre, arredor de frores, tallos de dolce cheiro, follas de feitura delicada, deixaba medrar o meu sentido aventureiro polos sendeiros do fantástico. As primaveiras no xardín dos Devanceiros eran solemnes e inmaculadas; cando chegaba Marzal escomenzaba eu a deixarme remexer no leito de agarimoso tacto. As veces chegei a ficar ata cinco horas deitado no verde manto de natureza; aquel lugar envelexaba de grande maneira a calquera que soubese acoller no seu nariz o suave arrecendo da mollada herba, no seu oido o rítmico cantar dos paxaros e na sua pel o fresquiño sopro de ar feble que piropea as frores que ousan se-las primeiras en presumir de cor e olor nas datas incipientes da estación da abundancia.
A primaveira era recibida no xardín dos Devanceiros con honras de deusa da fertilidade. Eu tomaba parte no protocolo e ía sempre que podía a rendirlle pleitesía. Ela agradeciame o feito cun bico de ar nos beizos, un susurro de árbore e as gracias da fror. Sentíame ledo de vivir cando contaba ca complicidade da natureza e os seus trasnos e cando non estaba deitado por riba do cespede correteaba entre as prantas e árbores ou paseaba amodiño coma querendo recolle-lo ambente que alí reina e levalo pra casa.
Os vraos no xardín dos Devanceiros, nembargantes, son máis rexeitables, ainda que o lugar non deixa de ter atrainte pra min. Hoxe, unha visita a aquel hermoso rincón da cidade non tería por que ser pedante nen mala idea; ademáis, fai tempo que non teño vivido historias pra lembranza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario