Unha vez tiven chegado ó xardín dos Devanceiros dirixinme cara o emprazamento que a cotío soio tomar. Aquel situabase en baixo dun carballo ven ancián que imprimía unha sombra tal capaz de xear un ferro quecido ó lume en menos de cinco minutos e en pleno vrao. Era un sitio de privilexio pois, se se contaba cunha forte sombra cando un a precisaba, ademáis tamén permitían o seu follaxe a penetración dos raios de sol cando un requería a sua presencia no rostro. Era aquela árbore a que velaba as miñas sonadas en primaveira e o meu alivio no vrao, pois na estación estival era inalcanzable tarefa o concilia-lo soño nesta cidade.
Mais cando me acheguei ata o lugar onde enraizaba o carballo centenario a miña sorpresa foi maiúscula: dende o lonxe atisbei o Herminio que esparramaba as suas carnes xusto no anaco de cespede onde eu desexaba facelo e onde eu sempre o tivera feito. De novo aquela figura desfeita calzabase diante de min coma se en verdade andivese na miña procura, e elo mosqueabame.
A medida que avanzaba cara o lugar confirmaban as que nun principio parecían simples sospeitas. Alí estaba él, medio votado cara un lado e facendo competencia o delicioso ruxir da auga na fonte e o cantar dos paxaros cos seus roncos pulmóns. “Certamenete está a durmir”, pensei. “Voume cagar nel por que estou alporizado de máis”, farfullei entre dentes; a verdade e que aquel suxeito votara por baixo uns planes esbozados ca meirande das ilusións e vontades dende facía minutos. Era coma se o home arrinacara da miña boca un doce suculento, a min, co lapeiro que son....
¿Qué diaños estaba a acontecer? ¿Vai resultar agora que este individuo andaba na teima de fastidiarme? Onte vetara os meus desexos e necesidades o prohibirme desfrutar dun chapuceo na fonte do parque da Carracha e hoxe privame do que tanto estivera a facerme á idea. Se cadra estou condeado a ser condeado por este gañan.
Achegueime ata onde ocupaba o escaño da miña evasión primaveiral e que seduciu o meu interés por voltar á escapada do mundano bullicio facia uns pocos intres e fixen nota-la miña presencia ó Herminio exercendo de penumbra movil sobre os seus pechados ollos. Nin se inmutou. Mascullei entre dentes, tosín un chisco e mesmo ata referinme a él, pero non acadeime resposta algunha. Nen tan sequera abriu os párpados pra ollar quen lle estaba a incordia-lo soño. Foi entón cando comencei a sospeitar de que non estaba dun xeito normal.
Fiquei un pouco maís preto del e cheireille a alma. Ulía a viño a meirande parte del e a outra restante a merda. Pousei a man sobre o seu peito temendo polo seu cardíaco estado, maís alí lle estaba o corazón, cumprindo coma sempre. Acordei, e a idea de que o home atopabase baixo os efectos do viño era a única hipotese daquela situación. Zarandeeille o corpo levemente primeiro e despois, ante a ausencia de consciencia do Herminio, de xeito brusco.
- Deixa, deixa, deixa –escomenzou Herminio a falar coma se estivese mascullando as palabras na sua boca.
Pero seguía sen abri-los ollos. Procedín a berrarlle. Berreille na orella o seu nome canto máis forte podía e, co susto, ergueuse de súpeto pegando tal chouto que petou a sua testa nos meus fuciños provocando un estado de dor e confusión na miña razón que por intres non era eu quen de situarme no espacio. Caín involuntariamente cara atrás. Un coñecido cheiro asomouse ós meus narices e estos comenzaron a expulsar sangue como villas de garrafóns mal pechadas.
- Merda pra ti, Herminio –dixen pra min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario