sábado, 20 de septiembre de 2014

Os dous xubilados galeses


No ano 1999 estiven preto dun mes vivindo en Gales, a menos nacionalista das nacións británicas. Dende alí, aproveitei pra coñecer canto puiden: Land of Wales, Londres, Cornwall e Escocia. Malia todo, non atopei grandes diferencias entre todolos pobos, agás as xeográficas, as idiomáticas (en Gales, por exemplo, a xente maior inda falaba gaélico, e o acento escocés fai dificil entender o inglés) e os típicos tópicos (as xentes do rural eran máis amables que as da capital). Onde máis fondomente notei unha forma de seren de seu foi precisamente na Escocia.
No grupo de mocidade no que me movín en Swansea un rapaz que me apresentaron, logo de lle concretar que as miñas orixes eran galaicas, falou das esperiencias que anos atrás tiveran os seus pais cando decidiron percorrer perante dous meses toda a península ibérica logo da xua xubilación. Amáis do abraiante da riqueza patrimonial ibérica, o que sobor de todo lles estrañou foi o xeito de cómo podíamos conviver con tanta diversidade cultural, tanta diferencia entre uns e outros pobos sen amosar tipo algun de frición. Aproveitando que o mozo galés dominaba o francés e eu moi pouco o inglés, resposteille nun torpe gabacho que a disimulada "pax ibérica" era transitoria, pois a Istoria séculos atrás testemuñaba seguidos intereses contrapostos, fricións mesmo violentas, e que mesmo entre as orixes da recente Guerra Civil estaban as aprobacións pola II República dos Estatutos de Autonomía catalán, vasco e galego.
É pois máis ca evidente a existencia das diferentes sensibilidades que poboan a península, das que xa daquelas deu exemplo os pais daquel mozo galés: duas visións imparciais sobre as realidades nacionais ibéricas. Compre logo negar a existencia de España como nación, unha, e faise necesario convencer ós feridos e escuros do erro no que viven e fan viver ós demáis.

Día 1 tralo Referendo sobor a Independencia de Escocia (18 Setembro 2014)
Resultado final: A favor 45% En contra 55%

No hay comentarios:

Publicar un comentario