De “Teoría do Nacionalismo Galego” de V. Risco:
“É un feito que non se pode discutir seriamente, que no pobo galego hai un predominio marcado do elemento loiro centro europeo, como non sucede en ningún outro pobo da Península. Na poboación rural, nótase que todol-os rapaciños son brancos com´a neve co cabelo loiro, cuasequ´albino. Logo, o sol, o aire, no traballo constante da terra vólvelles o coiro tostado y-o cabelo escuro. (...) O elemnto loiro centroeuropeo, ten entre nos duas orixes: os celtas e máis os xermanos”. Apartado “A xente galega”. Pag. 19
“A raza galega sigue sendo a vella raza céltica, mesturada con íberos, romanos e xermánicos, mais impoñendos´os carauteres dos celtas por riba de todol-os demais. É pol-o tanto a menos ibérica da penínsua, e con estretos parentescos étnicos fora da España”. Apartado “A xente galega”. Pag. 19.
“A nosa coleutividá natural é a parroquia, núcleo pequeño, sempre de menos de oitocentos vecinos. A Eirexa en galicia non creou a parroquia, non fixo senon darlle nome: eran os pequenos clans dos nosos abós. O Estado español, en troques, descoñeceuna e creou o municipio, trasplante do réxime das vilas que se non acomoda de ningún xeito á nosa vida rural. Por eso, a adeministración municipal é tan ruin.” Apartado “A sociedade galega”. Pag. 21.
“Cun sinxelo istinto democrático, o galego tend´a facelo todo en pequeño: coidado do gando, industrias caseiras e ruraes, etc”. Apartado “A sociedade galega”. Pag. 21.
“As deferencias de fortuna, antre nós nunca puderon ser tan grandes coma n-outras terras; eiquí, o que ten 30.000 pesos, xa lle chaman rico. Ademáis, s´houbo e hai ainda soparación de crases, nunca houbo eiquí antr´elas a distancia qu´habia e hai n-outros países”. Apartado “A sociedade galega”. Pag. 21.
“S´o noso parentesco étnico é prencipalmente c´os pobos británicos, a civilización galega cand´a houbo –dende Xelmirez ós Reises Católicos- foi unha civilización francesa. (...) Temos dos britanos, o humorismo; temos dos franceses, o senso críteco; temos noso, o lirismo y-a saudade. Tres calidades que carauterizan á y-alma romántica. Falo do verdadeiro romantismo, de xeito alemán, de xeito británico; non da esaltación pasional que na España se chamou romantismo. O uneco romántico verdadeiro qu´houbo na España foi un galego, foi Nicomedes Pastor Díaz”. Apartado “A mentalidade galega”. Pag. 22.
No hay comentarios:
Publicar un comentario