A faciana que amosa o sistema capitalista actual nestes días non é máis que o resultado dunha ecuación onde as incognitas anos fai que foron despexadas, de onde X = mofa, e Y = merda, “si solo si” a hipocresía é asumida como o mal menor, e sempre tendendo ésta cara o + infinito.
Dende Adam Smith ata Marx, pasando por Keynes, o modo de producción capitalista acomodouse ó longo dos últimos tres centos anos nas patrias occidentais ó berro afónico do “laisser faire, laisser passer” (“deixar facer, deixar pasar”) de F. Quesnay, que tan forte sonou nas academias económicas de Harvard, Oxford, etc, berces dos autenticos gurús das profecias neoliberais e librecambistas e que, co paso dos anos, dos ciclos e fluctuacions, das especulacións e cinismos varios, destaparonse coma ineptos cerebros adicados unicamente a elaborar teorías categóricas –inda que febles, moi febles- que somentes podían coller nas mentes insulsas das élites vagas de sociedades nihilistas e mancas de valores como a que hoxe o lector e máis eu ocupamos, a occidental.
Dende entón, as nacións do mundo rico acolleronse ás leis do libre mercado crendo con total garantía que era o modo de producción capitalista o que máis axeitadamente se amoldaba ó progreso da humanidade enteira; e posto que tras unha lei sempre hai un xuiz que xoga a ser implacable, os EEUU de America e o seu sistema económico erguéronse como o templo sacro da vileza mundial ó arrogarse o rol de vixiante magnifico do cumplimento xeral das normas e mandados do capitalismo (actualmente neoliberalismo), e dende as suas Audiencias (FMI, Banco Mundial, Reserva Federal, etc) acometían contra todo aquel que, querendo formar parte do privilexiado grupo da G (G8, G14… G de gilipollas…), non cumplia cas normas básicas de toda economía capitalista: 1.a propia inercia da balanza oferta-demanda autorregula os altibaixos e ciclos económicos e, 2. a non intervención do Estado. Todo aquel que cumpra está do meu lado; quen non, é un porco comunista inimigo.
E como o ser humán é único tropezando na mesma pedra, logo das experiencias especuladoras do 1929, sustos carbúricos dos 70, altibaixos dos ciclos e cíclopes de Wall Street e da City, chegan as “subprime” a confirmar que a demanda sempre pode ser tan pantasmal como a oferta, que a especulación non pasa de ser unha caracteristica máis do sistema (que xa de por si adoece de sistematismos), e os irmans Lehman -ou Lehman Brothers- marchan pra casa cunha liquidación duns 5000 millons de… (euros?, dolares?, e que máis ten?) cada un, e… aquí non pasa nada!!, porque “papa Estado” e os seus instrumentos veñen detrás recollendo a desfeita provocada e pasanse polo forro, nun exercicio de hipocresía vaticana que non ten comparación, as normas que eles mesmos tratan de lles impór a quen quisexe formar parte da G dos gilipollas.
E os probes ilusos membros e membretes de tan ilustre clube de golf, é dicir, os paises capitalistas occidentais -ós que, repito, pertencemos o lector e máis eu-, xogan cas cartas sen trucar, sen posibilidade alguna de que os seus governos poidan intervir nas suas propias economías pra evitar devacles por medo a ser espulsados da “pandi” e deixar de ostentar a G de gi-li-po-llas, e tragan cas trampas iankis, e arresfrianse cando no NASDAQ o termometro baixa un grao, e fanlle a pelota ó FMI… Ai, mi madriña, de canto nos houberamos librado en España se os governos de turno botaran man no seu día da escalada especulativa á que chegou o sector da construcción! Pero eso é un tema que merece un aula aparte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario