viernes, 12 de noviembre de 2010

LaCona con Pelos

Fai tempo que pulula pola tele un anuncio duns supermercados galegos ante o cal a xente que tivo a oportunidade de miralo non o esquivou como fai ca meirande parte dos spots publicitarios, e os que non contaron inda ca ocasión pra ollalo andan buscandoa. O certo é que o anuncio ten pouco de orixinal: é unha adaptación dun spot arxentino (os arxentinos, dos mellores do mundo en publicismo creativo), fotografía e formato axeitados ás artes publicitarias “académicas”, a escea final tipo Breaveheart… Ata aí, ren de orixinal. Onde innova a dita cuña televisiva é no tratamento que sobor a idea de Galizia se lle da nela, a revisión que os creadores fan da realidade galega, que xa non presenta un mundo agrario arcáico e unhas urbs modernas, senon que prefire espallar a chegada de ese progreso tamén ó ámbito rural, recuncho onde o galego volta por moito que na aldea non haxa Gadis, e onde asenta orgulloso o carácter galaico. A cidade galega actual, onde se agocharon –e se agochan ainda- perante décadas milleiros de unionistas conformistas, é tamén agora lugar de vida pros de conciencia nacional, aqueles nacidos do boom e directores hoxe de axencias de publicidade, conselleiros de empresas que cotizan, e traballadores/as que fan o cesto no super duas veces á semana. Xente preparada, ó fin e ó cabo; xente ilustrada co segundo grao como mínimo e posuidora de razón ata o punto de saberense tenentes da facultade pra autodeterminarse e proclamar que temos trece mil festas e romerías, gaitas elevadas en número á enésima, domingos con aldeas… E todo sen avergoñarse delo. Xente preñada de progresismo patriota e á que non lle importa decir que Galizia foi e é antes que o resto.
O pasado domingo pola mañá coincidín no mesenller cun amigo de Bande: “Neno, que?” “Nada, eiquí andamos”. Acababanlle de instalar o ADSL e estaba a piques de xantar ca familia. “E que tes pra hoxe?”, pregunteille. “Pois hoxe temos pra comer o plato típico de Galizia: LaCona con Pelos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario