Dentre os seres queridos da terra o home é o máis fermoso, o máis intelixente, o maior e escelentísimo presidente, e o máis inxenuo, amais de presuntuoso, falcatreiro, construtor/destrutor, artistiña e trascendental. Moitas das veces crin que estaba afeito pra se extinguiré sen máis, destinado a non coñecerse e morar nun lugar que cada vez se lle antoxaría máis pequeno e vulnerable a él.
A sua capacidade pra se organizar destacaría eu como a meirande das aptitudes de quen empezou sendo homínido e hoxe ven tendo caros vicios, actos propios dun ente pensante, autónomo e autosuficiente, fora da cadena alimentaria (non depreda, senon que pode estinguir por completo o ciclo da vida se quiser), e que as veces se pinta os beizos, desplazase por terra, mar e aire, e fala mil linguas. Todos estos ítems non terían razón sen unha organización social recia e eficiente, que é quen realmente establece comportamentos e tradicións, imponnas, penalizaas e premiaas, ca excusa consuetudinaria, relixiosa, de arraigo no tempo, ou calquer outra circunstancia; organizacións sociais, por tanto, que escomenzaron tendo fins de supervivencia (como as asociacións animais), e hoxendía ten ollos en colonizacións planetarias.
A lei destaca coma a pedra de base sobre a que moe o muiño da organización social. A lei, de feitura humana por completo, restrinxe e ordena o caos, xulga e aconsella, castiga e desterra, e foi perante milenios o autentico trebello de progresión/regresión humana, o instrumento capaz de innovar ó ritmo dos tempos e necesidades (máis por estos últimos que polos primeiros). A lei (ius), octopus ilimitado, pois abrangue contextos varios (o lexislado pode ser dende un acto criminal, a unha gramática, un Estado, un código ético, unha lasaña, e mesmo o xeito de beber unha birra), foi de natureza cavilada, unha maniobra de control da orde social ante a cal calquera que por vontade pretendese ficar ó marxe averiase de ter por proscrito do prescrito, pois entendíase que o seu comportamento (xulgable, polo tanto) facía mal ó colectivo e, xa que logo, puña en perigo a supervivenza do mesmo. É certo que no reino animal tamen hai moitos proscritos, pero o que fai diferente a lei natural da humana é a sua interpretación, a sua subxetividade.
Na interpretación (non libre, conste) bisagra a lei humana e ó mesmo tempo adxetivaa: xa que de natureza racional, a lei pode ser tida como xulgable en si mesma. Se recollemos as máximas dos prefectores e executores da lei, así como as consecuencias das interpretacións dun corpo xurídico en concreto (lembremos a rica variedade deles que hai) e as mesturamos poderiamos acadar a amalgama que a define (despecta ou apreciadamente): a non infalibilidade. Unha lei nace ó acubío dun consenso, unha tradición escrita (a Biblia non é maís cun libro de andanzas, un cantar de xesta pra se recitar á maior gloria dun pobo, un martir, ou un profeta guerreiro), un sistema de goberno, e lei pode fracasar de igual xeito que frustra un home, un acordo plenario, ou unha fe. A lei é-vos temporal, e hai disposicións transitorias e transitos a disposición, e é difícil convertela en algo eterno (somentes a natural ten ese rango), a lei é profuga e pode levar nome e apelidos dalguén (a lei de Murphy é un sarcástico exemplo), é caduca e feble.
Podo, por tanto, e son quen de facelo, de dubidar da lei, non darlle credo algún e matizar un escrito ó meu antollo. A mesma lei permíteme, nalguns casos, discrepar, pois avoga polo dereito que teño a elo. Preguntome porque non podo non acatala.
E como decía, a lei ordena o caos e, con elo, enxendra a organización e regula o que se ten por bo/malo, xusto/inxusto, apto/non apto, e culpa ou exculpa. Ó respecto desto último, e se recoñecemos o carácter imperativo e interpretativo da lei, poderíamos dar por cuestionable a culpa, sobre todo no mundo occidental, que é o que ocupamos e do que nos preocupamos. Esa culpa, que tan adherida á escala de valores cristiá andivo e inda anda. A culpa é dun (considerando a este ún como un individuo cas capacidades aptas), mais tamén pode vir imposta; ésta última xermina na lei e é a lei quen a determina. Un non ten porqué se sentire culpable só porque o dita unha sentencia colectiva ou porque a ortodoxia o considera, e as veces un sente a culpa propia sen que os demáis o consideren culpable ou non culpable. A imposición crea imputados, e a culpa impositiva forma parte dun como a personal, posto que un é crente cidadan ou amigo, é decir, un é un individuo social e comportase como tal. Un caso de esposición é o pecado, leis sobre moral relixiosa que poden facer a un sentirense culpable ata o martirio. Dou fé de que moitas veces o consiguen.
Velaí a grande diferencia respecto ó resto dos seres queridos do planeta, posto que unicamente a culpa imposta (a das leis da natureza) lles afecta, carentes como son de racionalidade e, polo tanto, sentimento de culpa (non lle vin nunca a un león cara de arrepentimento mentras fende os seus dentes no pescozo da gacela inxenua). Outorgolle entón a doble condición á culpa.
Determinados ambolosdous xeitos de afrontar a culpa: que me habería de acontecer se, unha vez cometido pecado, delito ou traizón, e recoñecendoo, non me sentise culpable fronte ás leis? Podería un imperativo legal expiar a culpa propia?...
No hay comentarios:
Publicar un comentario