martes, 7 de junio de 2011

Dende os anais da Istoria -fillaa do único deus, o Tempo-, o home veu creando o seu futuro dende o presente que padecía. A sua necesidade foi plantexando os problemas a resolver e con eles os dominios a someter a razón e control posterior. O que primeiro se dispuso á Humanidade como retable foi o misterio da morte, e inda hoxe se nos apresenta tal enima como irresoluble. Dende eras arcaicas o humán veu rondando as respostas ó misterio da morte sen se atrever a plantexar de xeito sólido a sua solución. Tentou achar a resposta por moreas de vías. O nacemento da deidade, dun ser que contuvese tal resolución en si mesmo -ou que él mesmo fose a solución- foi vano intento, pois a recreación do mesmo home trae consego, por lóxica, as mesmas imposibilidades. O intento da ciencia actual por lograr ó home inmortal tampouco é factible pois, si se conseguise tal fin, resultaría contradictorio: ó negar, ó refutar a morte, estaríamos do mesmo modo negando o nacemento, pois o que nace inevitablemente ten que morrer. Non hai morte sen nacemento, e viceversa. A morte é por natureza non esquivable.
A morte, o fin da vida, sitúase no futuro. Os individuos, e as comunidades humanas actuando como se fosen individuos, negaronse siempre a encherse de coraxe pra enfrentarense a ese futuro, un futuro que contén tanto a morte dun como a posible morte de todos. ¿Por qué todolos tempos que quedan por vir veñen acompañados por respostas apocalípticas, caos terrenal e angurias? Un claro exemplo deste modo de ver o devir tenemolo na creación de Deus: xuiz dun futuro que convertiría o mundo coñecido na nada máis absoluta. Quedan poucos que obteñan das suas reflexions auspicios optimistas. Eu sitúome entre os máis optimistas dos pesimistas. Optimista, porque confío na capacidade humana; pesimista, porque desconfío da sua madurez.
O mundo esgótase, segundo os defensores da actual teoría do cambio medioambiental. Velaí un novo episodio de apocalipse futura. Seguimos sen confiar en nós mesmos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario