A crise latinte, se non o maís importante crak da historia do capital sí a lo menos o de maiores e máis esparcidas consecuencias -inda que moitos dos activos basura cinguíanse a inversións inmobiliarias, os cartiños de beneficio déstes diversificáronse noutras actividades, as cais tamén ficaron infestadas de merda usurera-…. a crise latinte, como vos decía, non só trouxo a rabia, senon que veu acompañada de danos colaterais e circunstanciais, alguns bastante predecibles (mente minguada a que siga creendo que o Mercado sabe ir só ó baño evacuare a merda antes mencionada en cada ciclo) e outros impredecibles que fan que os predecibles deixen de selo.
A Economía debe de ter rango de ciencia nulo, pois estamos ante unha disciplina puramente social e, xa que logo, suxeita a ser parcelada, mais nunca universalizada. Esa é unha das miñas primeiras propostas.
Sigo. Ó respecto dos impredecibles: dise daqueles fenómenos incomensurables pro home, principalmente de orde natural, pero sobre todo de carácter futuro. Non só compre lembrar como catastrofes naturais poden borrar de súpeto poblacións enteiras, ou como un feito extremadamente circunstancial pode deixar a todo un país sen cúpula de goberno (Polonia, fai algo máis de un ano), e que decir do poder microorgánico… senon que tampouco cabe esquecer ós futuribles. Éstes sempre están presentes na acción humana e tamén condicionan calqueira dos seus actos, en épocas de vacas gordas, pero se cadra máis nos tempos de crise.
Estoume a referir a unha das crises menos coñecidas das redes, a que poucos minutos ten na Tv, a que ninguen padece (de momento), a que eu darei en chamar coma a sucesora da crise do periódo capitalista, a cal rematara por matar o sistema porque tamén o está condicionando. Tratase da crise enerxética, e que pra moitos, seica, inda sigue sendo un produto máis de rendementos repentinos. E agora sí que estou falando en serio.
Asoma paseniña por todolos los recunchos, por eso ninguén a ve, nin a nota, nin a traspasa. Os meus auspices dinme que nun futuro non moi lonxano a escaseza de enerxías non renovables non chegara despois de que as renovables sexan todolo rentables que a demanda dentro de cincuenta anos esixa, polo que haberá un periodo de interregnum que se cadra se pode adiantar a unhas décadas e que suporá, non só deslexitimizar ó actual sistema ou antisistemas e finiquitalos, senon unha total mudanza de Era Histórica, ó meu humilde ver. E en épocas de crise quen soe sair adiante é o visionario e quen “lle bota huevos”, evidentemente.
Os fosís soen ser fonte de conflictos e fluctuacións de Brent e estanse a agotar, a enerxía de fisión amosase demasiado comprometedora, e os mercados seguen reticentes a aceptar novas propostas. España (e moi en alto grao Galizia) ten ante sí mesma a derradeira (senon a única) oportunidade de seguirlle o paso ó primeiro mundo (porque cada vez hai menos primeiros e máis últimos -por deci-lo contrario a alguen fai dous mil anos clavarono ben clavado-). Malia incipientes esforzos inversores, España inda garda un ás nunha industria de renovableis asentada e de referencia, así que somentes compre manter alonxado do mercado voraz a alternativa e non vender baixo nengun concepto, incentivar e apolla-lo sector, e atopar dominios as captacións de eólica e solar non somentes na península. Se fai falta colonizar, colonizase, ben pedíndolle sitio ó oceáno ou ós tuaregs. Xa me entendedes.
Ficanos esto, ou encomendarnos ós deuses pra que co LHC (na fronteira franco-suiza) nos permita xogar a ser precisamente deuses. Porque a ver cuanto nos vai custar poñer a cargalo-los moviles que nos meteron polos ollos….
No hay comentarios:
Publicar un comentario