viernes, 11 de noviembre de 2011

Lois III

“Coido que era por eiquí”, dixenme cando, ó dobrar unha esquiña, atopei a estreitez do calexón de Pretiño do Carracha, cas suas casiñas que se erguían so por lei de gravidade e pola mala leite da vida do moi lonxano no tempo constructor de tales chapuzas. Nembargantes, alí estaban as vellas edificacións, coma resistindose a ter que ver pasa-lo tempo e, con él, ver chegar a proximidade da sua desaparición por ruina. Non dispostas a converterse en cascallos, as casiñas perecen manterse namais sobre as puntilliñas dos seus pes na teima de evitar calquer movemento que as faría vir abaixo e as condenase ó esquecemento. Nelas ainda vivía xente, xente disposta a facer daquelas casiñas os seus cadaleitos pois a meirande parte dos inquilinos eran vellos que, coma querendo facer compaña ás casas, estarían dispostos a morrer nelas e con elas.“¿Qué outra cousa podo dexesar senon morrer pretiño do único que sempre tiven: o frio e humidade que nos osos se me agachan e que producen esta casa no inverno?”, parecíame oi-la voz dun dos habitantes das casas na miña mente cando me dispuña a camiñar pola rua de Pretiño do Carracha.
A estreitez do calexón emitía unha certa escuridade na rua que era de agradecer. Aproveitei a ocasión de facer acopio de pracer e camiñei amodiño polas ruidosas pedras que compuñan a estrada pola que non moitos coches circulaban; a gusto, pra así expo-lo meu corpo ó alivio do ar que corría con agarimo entre as casiñas de madeira. O arrecendo a lixeira humidade que surdía da empedrada rua non se atopaba en ningures naquela cidade, pois nas asfaltadas da parte moderna a calor sobe ate o ceo coma si o mesmisimo diaño estívese a vota-lo seu alento para amolarnos ós mortais.
Estabamos no primeiro de Agosto e nestas datas era cando mais reos condeaba a calor. A pesares de ser sábado, xa non pululaban xentís polo calexón pequerrecho. Ca chegada do frío e as xiadas, a rua que eu tanto coñecía pola sua coqueta fermosura enchiase de persoas de todo tipo nun sábado pola mañán. Había apuradas personaxes que ían e viñan cheas de bolsas síntoma do consumismo que tanto se practica, -non sei por que-, nese día; individuos a remataren a semaniña laboral cansos de ollar pros reloxos ca esperanza de topar nel á hora de saída; vellos a pasear dun lado ó outro extremo do calexón e que fican nesa situación ata que a morea de xente marcha pra casa a xantar; nenos que disfrutan  a correr das pequenas vacacións que lle supoñen os fins de semana, etc. Nun día de vrao coma hoxe voto en falla o que en inverno pareceme insoportable.
Despaciño cheguei ate ó final do calexón e tamen ó remate dos disfrutados minutos de goce. Agora debía coller a rua do Larafuzas, orientada cara o sur e completamente exposta  a emisión solar no serán maís cedo. Non con moita gana reemprendin o camiño, pero a sede era maís forte que a calor e se non quería morrer seco tería que afronta con feble esperanza os escasos cen metros que a distancia ata o parque da Caracha contabanse.
Sen decatarme da abafante calor logrei chegar ata o parque. Ollei dende lonxe a imaxe da fonte que levaba tempo gardada na mente, e coma o perdido aventureiro no deserto que semella ter unha ilusión optica votei a correr para vota-lo grolo da salvación.
Concluín a inxesta de auga e coma un lostrego aloxouse no meu cerebro a idea de disfrutar dun refrescante baño acuoso. Busquei e alí estaba. Tan dexesable, tan fresquiña. Alá vou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario