Que sen Estado haxa Nación é ben doado, que sen Nación ai Estado é case que incerto; inda que ás veces batamos na costume de fraternizar ambos termos como sinónimos, cando non o deberían ser.
Por Nación, miudiñamente
falando, entendese a un colectivo humán dotado dunha ben recollida herdanza
secular que abranxe dende o espacio xeográfico no que sempiternamente mora ou
morou, ata os seus depósitos culturais, pasando pola sua idiosincrasia moral,
social e mesmo teocrática .. A Nación midese en tempos, séculos, milenios; a
Nación defínese en parámetros antropológicos e antropofisicos, destacando así
como pobo nacional a todo o que conquire maiores autonomías tanto nos eidos do
poder político ou lingüistico como nos simplemente craneais. Hoxe chamaríamos
Nación a todo pobo existente e resistente. Resistente ante a guerra á que
someteu dende o seu nacemento como pobo a Historia, resistente ás invasións de
elementos e idearios alleos. Actualmente, no mundo hai case douscentas nacións
recoñecidas como tais pola comunidade internacional. Son máis de mil os pobos
que, inda sendo nación e tendo todas as papeletas pra se-lo, non están
recoñecidas. Non son Estado.
España conformase como un
Estado que se espalla en “pluridiversidade”, pero é un Estado. E un Estado non
se debe confundir cunha Nación. O primeiro é o xeito que un ou varios
colectivos sociais (Nacións) deciden pra se ordenar política e económicamente;
o Estado é eso, un estado transitorio, unha ordenanza; o Estado podese líquido,
sólido ou gaseoso; o Estado pode ser unha soa persoa ou centos de millóns. A
Nación, pola contra, sobrevive como a pedra, a Nación non son as leis, os
modelos económicos, nin as Autonomías Históricas, nin as linguas cooficiais. A
Nación construése perante varias xeracións, mazase nas bocas…A Nación pode
vivir sen ser Estado. O Estado non pode sen Nación.
España é un Estado. O Reino
Unido é un Estado, toda Xermania é un Estado, China é un Estado. Francia é unha
Nación, Portugal é unha nación, Luxemburgo é unha Nación, Baviera tamén o é.
Podería seguir, pero pra qué.
No hay comentarios:
Publicar un comentario