viernes, 19 de noviembre de 2010

Novembro

Estivemos en casa.
Falamos do Barça, de que como lle ía á miña antiga empresa, pois fomos compañeiros de traballo, de rapazas, do seu recen e deseado carnet de conducir (estivo máis de tres anos conducindo sen él), de… O caso é que me contou unha… Resulta que Suso, como así se chama o rapaz, subiu cos seus colegas ó monte. Puseronse de copas ata as cellas, e xa cara a mañanciña marcharon pra casa no seu coche.
Debía ter sido un fin de semana onde algun barrio de por eiquí andaba en festas porque nin o mesmo Suso soubo de onde carallo sacara o Iván un medio cuarto de barreno, un destes petardos de toda a vida, sabes?, aqueles que tiñan unha mecha negra coma a cinza, que viñan envoltos nun paquete de papel estraza enrugado nos extremos que mesmo facía do petardo un caramelo, que eran quen de reventar unha sinal de Vado Permanente ou erguer un terror de carallo ó estouralos dentro dunha papeleira; aqueles que valían cinco duros nos meus tempos de fedello… bueno, meus tempos… e os de moitos dos da miña quinta, que había algún que xa ía pra terrorista daquelas cando o pasaba de medo meténdolle os petardos na boca ós sapos -Fumas?-… Ostias, mira que facía tempo que os deixara de ver (ós petardos, eh, non ós sapos con medio corpo en carne viva e o medio traseiro inda con vida tentando fuxir). Porque claro, habíaos dos de a duro, moito máis pequerrechos, engarzados tamén nun cilindro de papel acartonado con esterlinas brancas sobre fondos de diversas cores, de mecha rápida e treboada feble, pois nin as moscas se espantaban cando estouraban; estaban os foguetes, onde a pólvora ubicabase nunha pequena cápsula plástica aberta por un dos extremos que obrigaba ó petardo sair disparado pola forza de reacción e combustión (lémbrome de cando lle entrara un deses á nai do Sebas pola fiestra do balcón… se chega a prender nas sábanas, mi ma!); estaban os danzaríns, que daban voltas no chan espallando de estreliñas o adoquin; habíaos que tiñas que batelos contra o solo pra que estoupasen…
Pois seica inda andan por aí, inda os venden. Os medio cuarto de barreno, manda carallo!.
Resulta que a falta de soño, xunto con outro tipo de usos e costumes coxunturais á postinxesta de licores, resultou en dar nunha esgallante idea do Iván cando, marchando pra casa no coche do Suso, quiso botar o medio cuarto de barreno pola fiestra en marcha. Iván ía na parte de atrás, prendeu a mecha (lembro que era das máis lentiñas), e  so despois o pitillo que levaba na boca facía dous minutos agardando que alguén dos que o acompañaban llo encendese. O infortunio entrou en connivencia cos males do alcól cando Iván quiso saca-lo cigarro xa encendido da boca e éste quedouselle anclado nun xirón da pel dun beizo por mor do tempo que alí estivera, arrincandoo e levandoo consego ca tremenda dor que unha ferida dese calibre pode causar. O cigarro non somentes levou consego parte da vida bucal de Iván, senon que lle caeu tamén pola camisa abaixo e logo á alfombrilla do coche -Que no panda el cúnico, que no panda el cúnico!!!-. Naqueles arriscados segundos o cerebro de Iván decretou o estado de excepción e pronto procurou o cigarro antes de que prenderá nalgures. E todo isto con medio cuarto de barreno prendido noutra man. Cando se quiso dar conta de que a mecha ía rematando e a apertura da fiestra do coche non era a suficiente optou polo máis seguro: desfacerse dél, onde fose.
Según as fontes, un tremendisimo estrondo inundou o  interior do automóvil. Durante uns catro-cinco segundos, o veículo exerceu de caixa de resonancia (a única fiestra que debía estar aberta non o estaba dabondo…), e os seus catro ocupantes non foron quen de escoitar nada, nin de falar entre sí, por moito que gritasen e tentasen a berros sin són averiguar que carallo pasara. Durante esos segundos posteriores á deflagración un silencio anguriante vaciou de realidade o interior do coche. Os tímpanos dos rapazes viñan de sufrir unha leve lesión.
Tres días despois do acontecido, e so ún dende que Suso despertara a choupa de cuarenta e tres con piña e algunha que outra copa de licor café (aivos xente que necesita máis dun día pra se recuperar dunha esmorga), os catro colegas volveronse a reunir pra lembrar feitos e entuertos da noite pasada. E, coma non, o do petardo dentro do coche fora memorable.
Pero memorable debeu ser a borracheira que Suso collera porque queimou dez axiomas tentando lembrar a explosión que facía dous día acontecera no interior do seu Fiat Stilo bermellón e que mantivera unha onda expansiva dentro do turismo perante case cinco segundos inutilizando a capacidade de reacción e algunhas das funcións vitais de todolos que alí estaban. Non se acordaba daquelo!! Medio Cuarto de barreno, meu!!! Menudo pedal que debía levar!!!!!!!!
Esto só pasa nun magosto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario